Inicio
Follow us on Twitter
Click on the slide!

Emilio Rúa, a voz cálida do Interior

PAI Música prepara lo lanzamento do novo disco de Emilio Rúa que leva por nome Interior. INTERIOR é o…

More...
Click on the slide!

Ready to be listened, "El baile de los huesos" the newest of Jabón Blue

El baile de los huesos, this will be the next album of Jabón Blue edited by PAI Música, and it´s…

More...
Click on the slide!

Batuko Tabanka with Haiti

Batuko Tabanca will act this Saturday in Burela. There is organized a concert to collect money for the victims of…

More...
Click on the slide!

New concerts of Mitocindrias

Mitocondrias present their new agenda of concerts for this 2010, and we are going to be completing along the year.…

More...
Click on the slide!

Presentation of the DVD with the concert of Vigo Yeyé

This Tuesday December 22nd at 19:30 in the Sala Ámbito cultural of El Corte Inglés in Vigo will take place…

More...
Click on the slide!

Sixty Tolos, a golpe de single - Presentación do documental

Comprácenos convidarvos á presentación do filme documental Sixty Tolos, a golpe de single dirixido por  Xaime Fandiño nunha coprodución de…

More...
Click on the slide!

Concerto de Roi Casal e a súa banda no Palexco de A Coruña

Roi Casal e a súa banda seguen actaando por toda Galicia. A súa seguinte acutación será o próximo 29 de…

More...
Click on the slide!

Axenda de concertos de Lamatumbá

Lamatumbá continúa a súa xira por Portugal dentro do ciclo de concertos de OuTonalidades09, o circuito portugués de música ao…

More...
Click on the slide!

Lamatumbá in concert November 12th at Sala Capitol

Lamatumbá will act next Thursday November 12th at 21:30 in Sala Capitol accompanied by the band Liridade Noctámbula.…

More...
Click on the slide!

Carlos Childe Troupe no Festival BluesTP 2009

Carlos Childe Troupe encargarase de abrir o vindeiro Festival de Blues Teatro Principal de Ourense o día 22 de…

More...
Click on the slide!

PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone

PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone

O galego Alexandre de Fisterra foi o primeiro en idear e fabricar o que se convertiría anos despois,…

More...

News of our music

Ready to be listened, Ready to be listened, "El baile de los huesos" the newest of Jabón Blue El baile de los huesos, this will be the next album of Jabón Blue edited by PAI Música, and it´s just cooked in the recording studio Casa de Tolos ...
Batuko Tabanka with Haiti Batuko Tabanka with Haiti Batuko Tabanca will act this Saturday in Burela. There is organized a concert to collect money for the victims of the earthquake in Haiti. Next Satu...
Emilio Rúa, a voz cálida do Interior Emilio Rúa, a voz cálida do Interior PAI Música prepara lo lanzamento do novo disco de Emilio Rúa que leva por nome Interior. INTERIOR é o terceiro traballo discográfico de Emilio ...
Presentation of the DVD with the concert of Vigo Yeyé Presentation of the DVD with the concert of Vigo Yeyé This Tuesday December 22nd at 19:30 in the Sala Ámbito cultural of El Corte Inglés in Vigo will take place the showing and presentation of the DVD...
 
A música salgada de Batuko Tabanka Djunta mô, expresión crioula que significa “axudar entre todos”, é o título do novo disco de Batuko Tabanka, un grupo integrado por doce mul...
Puente sonoro a Cabo Verde Con doce mujeres caboverdianas residentes en Galicia y uno de los ritmos más antiguos de los generados en las islas africanas se cocina el sonido Bat...
New concerts of Mitocindrias New concerts of Mitocindrias Mitocondrias present their new agenda of concerts for this 2010, and we are going to be completing along the year.   The fifth album of the band ...
Mitocondrias actuara en directo no programa Estudio 3 da Radio Galega Mitocondrias actuara en directo no programa Estudio 3 da Radio Galega O programa Estudio 3 da Radio Galega emitirá un especial este xoves día 3 de nadal en directo dende os estudios de Casa de Tolos. Mitocondrias y...
 
Concerto de Roi Casal e a súa banda no Palexco de A Coruña Concerto de Roi Casal e a súa banda no Palexco de A Coruña Roi Casal e a súa banda seguen actaando por toda Galicia. A súa seguinte acutación será o próximo 29 de novembro ás 19h no Palexco de A Coruñ...
Roi Casal - Raíces e futuro en plena sintonía Roi Casal - Raíces e futuro en plena sintonía Non hai recuncho na casa, e nas vidas, dos protagonistas desta historia que non estea relacionado coa música. E iso só é posible si dende pequeno...
Carlos Childe Troupe en concerto na Coruña e Nigrán Carlos Childe Troupe en concerto na Coruña e Nigrán Este fin de semán, Carlos Childe Troupe recorre de norte a sur a xeografía galega para dar moito blues. Este venres 29 de outubro actuarán en Joana...
Carlos Childe Troupe no Festival BluesTP 2009 Carlos Childe Troupe no Festival BluesTP 2009 Carlos Childe Troupe encargarase de abrir o vindeiro Festival de Blues Teatro Principal de Ourense o día 22 de Outubro . Principalmente influenciado...
 
PAI will edit a CD-Book based in shadows theatre. PAI will edit a CD-Book based in shadows theatre. This job is presented in CD-Book format and counts on 12 stories and 12 songs that they are presented in an interspersed way and they talk about the...
Know better CONTOS EN CANTOS Know better CONTOS EN CANTOS Almudena Janeiro tells us in this article how CONTOS EN CANTOS was born and who is directed to.
Nova web de Casa de Tolos Nova web de Casa de Tolos Casa de Tolos acaba de lanzar a súa nova web, na que recolle entre outras, os videos dos Directos de Casa de Tolos. A nova web recolle a actualidade ...
En directo dende Casa de Tolos En directo dende Casa de Tolos En breve, comenzaremos a gravar os directos de Casa de Tolos onde estarán os grupos de Pai Música executando a súa maestría e únicamente poderede...
 

PaiTunes.com

portada Brañas Folk No lugar de Abrollido en Gondomar (Galicia), aposentouse a alma de Os Terribles. Cando resoan os ecos das súas melodías polo Val Miñor, o territorio recupera o seu alento. Un patrimonio sonoro transmitido de xeración en xeración e agora felizmente recuperado.  A través dunha coidada edición, no libro relátase a orixe deste grupo no Norte de Portugal e como o seu patrimonio musical sonoro foi conservado a través de varias xeracións.  O traballo que agora se presenta constitúe un exemplo da recuperación do patrimonio inmaterial galego-portugués. Como así apunta no prólogo do disco o músico e amigo Xose Bieito Ávarez "aquí están de novo os Carunchos dispostos a entrar polo torreiro adiante a armala, a poñelo de patas-pa-riba.” E aquí está o novo e fresco traballo destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres dos que non só tocan e cantan “que nin dios”, senón que ademáis disfrútana e vívena para que todos aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. "En Galego" súmase así como o cuarto traballo deste grupo de música tradicional galego.
comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl Comprar aquí comprar_aqui_gl

Tanxedoras non son un grupo de música tradicional sen máis. O reto que se poñen é asumir a responsabilidade de cantar tradicional e de facer música tradicional. De cantar o de sempre pero desde unha marca de seu. Quen as teña visto sobre un escenario, voando polos ritmos, saberá que nestas cinco mozas hai unha forza capaz de conmover os corazóns máis duros e de facer bailar aos pés menos propicios. E non é para menos. Porque non son cinco mulleres e cinco pandeiros e cinco voces. Son unha polifonía de pandeireta, pandeiras, sachos, tixolas, morteiros, ferriños, bombos, tambores, gaitas, acordeóns, cunchas, culleres…  Este seu primeiro disco é só unha mostra afortunada de todo o que pasa sobre o escenario. Cando menos, iso é o que cómpre dicir ata que o público as ve actuar. Daquela, entende que tanta forza, si, cabe nun disco, pero que hai enerxía dabondo como para botar por fóra.

O grupo Malvela xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía. O que nun principio foi unha actividade cultural, convértese nunha paixón continuada coa idea de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria. Tras dous exitosos traballos, “Que o pano non me namora” e “O Aghinaldo” agora volven con novo disco “da miña xanela á túa”, traballo que sen dúbidas, pode ser o da consagración do grupo. “da miña xanela á túa” é un disco baseado no repertorio tradicional galego e do norte de Portugal, aínda que tamén na canción de autor e consta dun CD con 15 cancións, con temas como “O Trébol de catro follas”, “A gota d´agua”, “Conanfrón” ou “Pirimpimpín” cos que de seguro farán bailar ó seu público. Asemesmo, o disco leva un DVD con dous vídeo clips, un documental, e un “como se fixo”, o que fai de “da miña xanela á túa” un traballo moi completo e elaborado.  comprar_aqui_gl

Malvela sorprendeunos o ano pasado con "O Aghinaldo", un completísimo traballo adicado íntegramente ós cantos de Nadal (panxoliñas, aninovos, xaneiras e cantos de reis). Este traballo continúa tendo toda a vixencia e inclúe un CD cunha pista interactiva (letras, partituras e mais fotos), e un DVD con un extenso documental onde as Malvela cóntannos como vivían o Nadal, tres vídeoclips e unha sección karaoke con audio Dolby Dixital 5.1.¡Interesantísimo traballo!

O dúo Sete Saias xurde no seo do Conservatorio de Música Tradicional de Vigo, concretamente na aula de arpa dirixida por Rodrigo Romaní. Marta Quintana e Clara Pino son as súas compoñentes, dúas mulleres galegas que amosan no seu traballo a orixinalidade, a beleza e o contrapunto nas arpas e nas voces. Neste primer proxecto musical abarcan no só a música tradicional, que é a principal fonte de inspiración deste traballo, senón tamén a música de autor, contando con temas propios. Ademais, contan coa colaboración de grandes artistas como é o caso de Rodrigo Romaní (autor dalgúns dos temas e arranxos), Xosé Manuel Budiño, Xosé Lid e Fernando Abreu nun total de trece temas producidos xunto a Segundo Grandío. Así mesmo contan tamén coa participación do pintor portugués afincado en Vigo, Xavier Magalhaes, que elaborou a portada e contraportada do presente traballo, o que o fai ademais dunha obra musical unha obra pictórica. Un gran disco que as descubre como un dos valores en alza do folk galego e cunha sensibilidade moi especial.

comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl

"Unha semaniña enteira" é o novo traballo discográfico de Treixadura, un dos grupos máis importantes no campo da música tradicional galega. Neste novo traballo, no que contan coa colaboración das voces do Orfeón Treixadura, o grupo mantén a filosofía que o caracteriza dende que comezara a súa andadura naquel vello muíño redondelano: misturar temas coñecidos da música galega con outros que se intenta rescatar do anonimato para dalos a coñecer con toda a forza e frescura características da nósa música. Neste cuarto traballo discográfico do grupo, como continuación dos dous anteriores, “Unha noite no muíño” e “Unha noite non é nada”, inciden nesta ocasión no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega, e reivindican, unha vez máis, a transmisión das melodías e do nóso patrimonio cultural. Xúntanse dúas concepcións ben arraigadas na música da nosa terra: o canto e a gaita; o Orfeón Treixadura e Treixadura Gaiteiros; a música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos, as cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado, as melodías de gaita que máis prenden en nós, as novas cantigas que Treixadura “peneira no seu tremiñado”.

“Trastempo” é a segunda achega discográfica de SonDeSeu, a primeira orquestra de música folk de España. Cunha produción artística mimada ao detalle por parte dos responsables de cada unha das seccións, Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz, Francisco J. Feijoo "Chisco", Alfonso Franco e Rodrigo Romaní, "Trastempo" é un traballo composto por pezas interpretadas pola orquestra no seu conxunto, pero hai un espazo no que cada sección convírtese en protagonista. "Trastempo" vai acompañado dun DVD no que se pode contemplar a forza, a extraordinaria enerxía que desprenden os concertos da orquestra ao vivo e que amosan a capacidade de esta xove formación para conectar co público na complicidade que só a música feita con cariño, con honestidade e con conciencia de estar a traballar sobre un patrimonio común, pode transmitir.

O grupo nace  a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.  Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira testa chea de forza e diversión. Corais do Camiño
comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
O quinto disco do grupo ourensán “Mitocondrias”, titulado “QUE ME QUITEN LO BAILAO”, esta a venda, exclusivamente en edición dixital, dende o mes de maio do presente ano na páxina web da compañía Pai música.  “Que me quiten lo Bailao” é un disco conceptual, tódolos temas tocan nas súas letras a adición e o consumo de diferentes drogas, tanto legais como ilegais, coa única pretensión de dar unha visión normalizadora dunhas sustancias empregadas dende que o home é o que é. Vigo fue una de las ciudades españolas que con más decisión se sumó al mágico movimiento musical que definió la década de los sesenta.  Toda una generación de adolescentes, a los que terminó conociéndose como “ye-yés”, mostraba no sólo su rebeldía para con un sistema opresivo e injusto usando la música como principal argumento, sino que mostraba el genio y la inspiración de una juventud deseosa de evolucionar y cambiar el mundo. Los Fulanitos de Tal son unha banda catalá de punk-rock con máis de 16 anos ás súas costas. Tras editar tres discos, agora volven con "Día F", un Cd e DVD en directo gravado na sala Espai Jove de L´Example de Barcelona. 19 cancións compoñen este novo traballo, con cancións como "Constipado", "La polla", "Exorcista", "Cutre y hortera" ou "Basta", que son algúns dos seus temas máis emblemáticos. Letras sarcásticas acompañadas de guitarras potentes e ritmos punzantes e unha boa dose de enerxía positiva. A historia musical destas dúas lendas "subterráneas" do pop galego levaban moitos anos cruzándose, ata que neste ano xuntáronse para editar un disco irrepetible: "Clic". Froito da calidez acústica que aporta Magín Blanco e do impulso suavemente eléctrico de Burgas Beat, nace "Clic", un disco que nos retrotrae ao mellor pop dos anos oitenta. Temas como "El Big Band", clara débeda de Neil Young, "Mi atmósfera" ou en "No volveré a sonreir", reminiscente do encontro de Bob Dylan con The Band, "La gran ola", que nos leva a terreos cercanos a Beatles ó Small Faces, ou o pop case californiano de "Canto de serea" son algúns das mellores cancións que se poden escoitar hoxe no pop nacional. Para redondear o disco, o pechan cunha sorprendente versión en galego do clásico de Juan & Junior "Anduriña". Definitivamente a unión de Magín Blanco & Burgas Beat fixo "Clic"...
comprar_aqui_gl Comprar aquí comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
Lamatumbá, un dos principais expoñentes da música galega actual, que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa enseña de Festa por única bandeira, volve aos escenarios con esta súa nova proposta musical, "Paraugas universal", un refuxio baixo do que bailar as nosas ledicias, disfrutar os nosos amores, cantar e sorrir. Logo de máis de dous anos de xira ininterrumpida dende o lanzamento da súa anterior gravación, a banda ourensá escolleu desta vez os estudios de Casa de Tolos para se retirar a lle dar forma ao seu novo traballo discográfico. "Estás convidado my friend, estás convidada meu ben..."

"Xigantes" é o novo traballo discográfico dunha das bandas de rock máis importantes de Galicia: Ruxe-Ruxe. Cunha persoal mestura de rock´n´roll e música tradicional galega, combinadas cunha actitude descaradamente punk, levan os Ruxe-Ruxe dando guerra dende o ano 1996. Trala boa acollida da súa anterior entrega discográfica “Comercial” (PAI-Música 2006), agora volven con “Xigantes” unha excelente colleita de doce cancións dirixidas a chegar ao sistema nervioso de quen as escoite. "Xigantes" ten un coidadoso equilibrio contemporáneo, compacto e cheo de enerxía e entusiasmo no que os Ruxe-Ruxe mostran a madurez acadada ao longo ao longo destes anos.

Jabón Blue é un grupo que nace trala disolución da mítica banda galega Heredeiros da Crus. Javi Maneiro (voz), despois de doce anos triunfando en Galicia, sete discos editados e máis de 30.000 copias vendidas, decide continuar a súa carreira musical formando nova banda con Diego Castaño e Kuervo ás guitarras, Pony ó baixo e Marcos á batería. "La música va por dentro" son 15 temas do máis puro rock and roll, un disco sen fisuras, onde hai cabida o rock máis poderoso como "El hombre del saco", "Cacareando" ou "Baby chocho", temas menos acelerados como "Cuando el silencio suena" ou "Era para mí" e preciosas baladas rock como "Tan sólo". Textos imaxinativos e cheos dunha fresca vitalidade.

Con este lema presenta Moon Cresta a súa primeira aventura discográfica. Toda unha declaración de intencións que ofrece un san, á vez que excitante, remedio para todo aquel que padeza síntomas de fastío, tedio ou apatía. Se sintes a túa libido musical decaída, se os teus oídos non atopan nada suxestivo, se nada soa como aquelo que sempre te fixo vibrar: proba con Moon Cresta e as súas “eROCKtile dysFUNKtion SOULutions”, un CD de 10 descargas de electro-shock sonoro, cun DVD de 9 graxeas-acústicas ao vivo en formato desenchufado e ademáis un videoclip comprimido co single presentación. Todo elo, elaborado con fins terapéuticos encaminados á mellora da saúde do seu deleite musical. Non obstante, Moon Cresta non só recomenda, senón que aconsella o consumo da súa fórmula a persoas que non presenten síntomas con dito decaimento.

comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
Despóis de dez anos de existencia Ruxe-Ruxe entrégannos o seu quinto traballo. Formados en 1996 en Aríns (Compostela), a súa música é unha mestura de rock’n’roll con música tradicional galega, unha chamativa proposta de instrumentos eléctricos con outros máis tradicionáis. Durante estes dez anos os Ruxe-Ruxe percorreron toda a xeografía estatal tocando cos primeiros espadas do rock español constituíndose así como a proposta de rock en galego máis seria e con mellor directo. Nas súas propias palabras, “Comercial son once cavilacións en venda. Son once ideas cativas e retorcidas que se trocan por diñeiro e que endexamáis estarán de saldo. Comercial son once principios escritos en papel de fumar e que combusten entre os beizos mentras enervan os teus argumentos. Comercial es ti mercando a nósa alma…"
Dende Barcelona nos traen os Fulanitos de tal o seu novo disco, para que poidas pasar o rato saboreando as doce cancións recollidas dos máis de dez anos que levan facendo música. Versións e per-versións para toda a familia en Pasarratos.
RUXE-RUXE está "Fervendo". Un disco con trece piezas en estado puro de ebullición, "trece estralos de xenreira", fiesta y poesía, trece palabras arrancadas del corazón, trece veces mala suerte y otras tantas de inquietud, trece campanadas de rock&roll, punk y melodías robadas a la tradición.  "Fervendo" es una máquina del tiempo que pierde en las horas, una caldera roja a punto de explotar. "Fervendo" son 100ºC de realidad latiendo a presión dentro de un disco que RUXE-RUXE
comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
Na flor dos meus anos" é o primeiro traballo discográfico en solitario da compoñente máis carismática de Malvela: a Señora Carmen. Aos seus 82 anos, cunha "tremenda xuventude acumulada", a Señora Carmen é un tesouro vivo da música galega tradicional. "Na flor dos meus anos" consta dun libro, escrito polo prestixioso literato galego Fran Alonso, un CD con 11 cancións e un DVD cun documental onde a Señora Carmen relátanos a súas lembranzas e amósanos o seu lado máis humano. No CD hai colaboracións musicais de luxo, dende a portuguesa Dulce Pontes, ata os galegos Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní ou membros de grupos tan importantes como Treixadura, Berrogüetto ou Malvela. "Na flor dos meus anos" é ler, escoitar e ver a unha lenda viva da nosa Galicia. "Cinsa namorada" é o primeiro disco en solitario de Tino Baz que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra como autor, músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega e como músico que percorreu e espallou o seu traballo tanto en España como no resto do mundo. As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campos, que ven a ser que avala literariamente este traballo. Musicalmente, ven ser o veterano músico Moisés Quintas que asume a dirección artística e quen coordina a participación dos diferentes instrumentistas que interveñen no traballo. Con "Cinsa namorada", Tino Baz cumpre o seu desexo de facer un aporte fresco ao panorama da música galega actual, na parcela da canción de autor. roicasal_lendasdouradas_portada150x150 rece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro.
comprar_aqui_gl Comprar aquí comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
"Sin novedad en el frente" é o segundo disco en solitario do cantautor Javier González Méndez, un traballo que fala de cicatrices, de novos alicientes, desa dama de compaña, que a veces resulta fermosa e sedutora, á que a chamamos tantas veces con medo, soledade. Gravado nos estudios de Casa de Tolos baixo a produción musical de Segundo Grandío, "Sin novedad en el frente" conta coas colaboracións de luxo de Isaac Palacín (Berrogüetto) á batería, Diego Pacheco ás guitarras acústicas e eléctricas, Marcos Legazpi aos teclado e o piano, e o propio Segundo Grandío ao baixo. Javier González se redescubre así mismo en este nuevo disco y nos muestra un trabajo lleno de mensajes.  Para aquellos a los que le gusta darle vueltas a las cosas y verlos desde el prisma de la sencillez y la realidad de la vida misma, sin duda este es su disco.

Contar a historia de Magín Blanco é facelo dunha xeración á sombra dos fastos dos tan traidos e levados anos 80. Membro fundador do mítico grupo La Rosa, tras varios anos alonxado da música, no 1996 reaparece na escea musical con "Ella...", o seu primeiro disco en solitario, gravado nos estudios Casa de Tolos baixo a produción de Segundo Grandío. "Ella..." é un traballo plantexado polo propio Magín como un regalo, unha forma de dar as gracias ás mulleres. Magín contou coa colaboración de Pepe Losada (guitarra acústica, dobro, stell guitar), Isaac Palacín (batería, percusión) e o propio Segundo Grandío (baixo). Ademáis o disco conta coa lista de invitados de luxo: Gloria van Versen (Vainica Doble), a cantante galega Uxía ou Nancho Novo, entre outros.

Segunda entrega discográfica en solitario do músico e compositor ourensán Magín Blanco. Tralo bó sabor de boca deixado con "Ella", volve agora con "Realidad", outra magnífica colección de cancións, a medio camiño entre a música de autor, o pop e o folk. "Realidad" segue a liña intimista do seu anterior traballo, pero amósanos unhas cancións máis vitalistas, coidadosamente arranxadas, que están dirixidas a chegar ao corazón de quen as escoite. Dende a ledicia de temas como "La fiesta" ou "Hielo sobre hielo", á melancolía de "El corazón de los pájaros" ou "Sus cosas", ou ás pegadizas "Lluvia dorada" ou "Las mareas". "Realidad" foi producido e gravado por Segundo Grandío nos estudios Casa de Tolos. Ademais, Magín conta coa colaboura de Pepe Losada ás guitarras, Isaac Palacín (Berrogüetto) á batería e o propio Segundo Grandío ao baixo.

comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
comprar_aqui_gl comprar_aqui_gl
Un libro CD-DVD ilustrado que mezcla cuentos y música.  Un trabajo pensado como un complemento didactico para incentivar la lectura, que va dirigido a niños y niñas entre 3 y 7 años. El trabajo incluye CD con las canciones y un DVD con los videos y con las letras para cantar en formato "karaoke".  Un trabajo sencillo y directo que estamos seguros será la alegría de los pequeños y los no tan pequeños. Como aperitivo podéis ver uno de los video clip del trabajo. "Pelo Gato 24" é un proxecto impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos que recolle dúas das lerias máis importantes d@s cativ@s: as cantigas e os xogos. En formato de Libro, CD e DVD "Pelo Gato 24" pretende dar a coñecer e dilvulgar entre o público infantil as cantigas que a tradición oral foi quen de transportar ata os nosos días. Baixo a produción e dirección musical de Magoia Bodega e Paulo Nogueira, este traballo é tamén unha galeria musical onde o público infantil galego descubrirá a un amplo e variado elenco de músicos e cantantes: Sonia Lebedynski, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Fuxan os ventos, Migallas, Señora Carmen, Xurxo Souto, Pancho Álvarez, César Longa, Xosé Liz, Leilía, Begoña Riobó e a Charanga "Vai de Baile". Inclúe tamén, un DVD con diversos xogos tradicionais galegos, videoclips e playbacks, un "como se fixo" ademais dun libreto informativo de 64 páxinas. "Operación Can" é un traballo impulsado pola UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar o noso entorno e medio ambiente e moi especialmente aos animais e as plantas. Para elo, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixeran unha canción orixinal cantada en galego. O premio era a gravación dun disco coas mellores cancións e os propios rapaces elixirian as cancións mediante os seus correos electrónicos. 32 cancións chegadas de toda a xeografía galega competiron polo premio e case 10.000 mensaxes electrónicas decidiron a selección final. As 6 cancións máis votadas foron premiadas coa gravación dun videoclip. "Operación Can" consta dun CD de 16 cancións e un DVD con 6 videoclips, un "como se fixo" e un documental sobre o funcionamento das Protectoras de Animais en Galicia.

"O quiquiriquí: Cantos de Nadal" é un traballo co-producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e os estudios Casa de Tolos. Trátase dun documento audiovisual onde se reflexan diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia. Ten un claro interese docente e está principalmente dirixido a alumnos do ensino primario. Producido artísticamente por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, "O Quiquiriquí" contén un libro de 64 páxinas, con fotos e textos dos diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal; un CD de 12 cancións tradicionais interpretadas por músicos e artistas do actual panorama musical galego, no que inclúe unha pista interactiva con letras, partituras e xogos instructivos musicais; e un DVD cun "como se fixo", un documental e un videoclip promocional.

comprar_aqui_gl

Comprar aquí

comprar_aqui_gl

comprar_aqui_gl

Meniños cantores" é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do norte de Portugal. A iniciativa xurdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte... nas ondas e os estudios Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte... nas ondas da candidatura ao Patrimonio Oral e Inmaterial Galego-Portugués ante a Unesco foi a chispa que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena ollada a un futuro posible. "Meniños cantores" consta dun CD de audio con 28 cancións, no que vai incluida unha pista interactiva con letras e partituras e un DVD cun documental sobre o proceso de realización do proxecto e outro documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos lados da fronteira, xunto cun videoclip de cada colexio participante.
comprar_aqui_gl
"Cooking melodies" é o primeiro traballo discográfico de Carlos Childe, un disco preparado sen aditivos nin colorantes na cociña dos estudios Casa de Tolos polo chef Segundo Grandío, aderezado cun chiquiño de blues e swing, e con moito, moito fundamento. Neste disco, Carlos Childe fai un magnífico exercicio de estilo que destaca claramente a calidade das composicións así como a forza interpretativa coa que explora os terreos do blues. 8 das 12 cancións que compoñen "Cooking melodies" son composicións propias das que destacan temas con gran sabor a swing como "Sitting by the fire" ou "Rain in september", melodías pegadizas como "White donkey" ou "Gold for love", preciosas xoias como "Yellow meadow" ou "Lost in my own room" e magníficas versións de clásicos como "The house of the rising sun" ou "Blue moon". "Cooking melodies" é un disco feito por e para os amantes do bo blues. Falar de Miki Nervio & The Bluesmakers non é falar dun grupo novel, e falar dunha banda lendaria dentro do panorama musical galego que gañouse a pulso o cariño, respeto e admiración do público. Pasou xa moito tempo dende aquel xaneiro de 1992 que formouse o grupo pero que resistiu ao paso do tempo dun xeito máis que digno. Precisamente para conmemorar os seus 15 anos de existencias, Miki e os seus Bluesmakers ofrécennos "15 years old blues", un disco gravado na Escola de Imaxe e Son de A Coruña que, fiel a súa orixe, amósanos claramente a evolución da banda ao longo destes anos, pasando do estilo inicial de blues eléctrico a un son máis acústico da música negra de principios do século pasado. O disco contén 14 temas do blues máis variado, con versións de clásicos como Duke Ellington ou Ry Cooder, pero conta tamén con composicións propias. Souberon recuperar a tradicións das "street bands" utilizando instrumentos como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, o banjo, a mandolina ou o kazoo.

comprar_aqui_gl Comprar aquí

The lasts albums

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Banner

A gramola de PAI

Radio PAI

PAI TV

PAI TVPAI Tv. Concerts, musical videos, live concerts,...you can see everything in PAITV. Enter

PAI Calendar

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Gallery

Related