Follow us on Twitter
Atención: QUE VEÑEN OS CARUNCHOS!! PDF Print E-mail
(3 Votes)
Thursday, 03 July 2008 23:36

Os CarunchosDespois de casi 15 anos a tocar por camiños, palcos, romarías, tabernas e demáis, voltamos por terceira vez a Casa de Tolos pra facer o noso cuarto disco, terceiro nesta e efectivamente nunca mellor dito “Casa de Tolos”.
 
Desta volta somos máis Carunchos que nunca no estudio, pois vai ser o noso primeiro disco como formación de sexteto.
Por suposto seguimos a cantar en galego (e moito máis vendo os tempos que corren). Incluso falamos galego fóra do estudio de gravación e tamén fóra dos palcos.



Polo demáis dicir que :
O disco vai ter músicas tradicionais e de autor, letras casi todas populares, e coma sempre trouxemos uns poucos instrumentos dos que máis o menos sabemos tocar.
Imos cantar bastante porque este pais é de cantar e tamén estamos comendo e bebendo moito porque Os Carunchos somos de “comer e beber”.
Estamos xa no ecuador da gravación e pensamos onde imos comer hoxe?
Pola tarde máis voces, ghaitas e percusións.


ATA MÁIS VER!!!!!!
OS CARUNCHOS

 

Related