| Malvela en Bos Aires |
|
|
|
| Tuesday, 13 May 2008 13:25 |
|
O grupo Malvela e a Señora Carmen viaxaron a Bos Aires para participar na Feira do Libro da cidade. Alí fixeron unha auténtica maratón de concertos nunha semana moi intensa na que colleitaron éxito tras éxito en auditorios ben diferentes. Pasaron da Universidade de Belgrano ao Colexio Santiago Apóstol, e tamén ateigaron o Teatro Bambalinas. De Mos a Mos, Malvela ofreceu o seu último concerto na Asociación de Residentes de Mos, onde os seus paisanos puideran goza da música e da simpatía destas mulleres e destes músicos que ofreceron felicidade intensa a tod@s no enorme salón dese centro galego. Acompañounas Uxía, que cantou con elas nunha xuntanza que se a repetir na Expo de Zaragoza e nalgún outro escenario. Como dixo Xurxo Souto, mentres toda Europa baila o chiki chiki, en Bos Aires o que está rachar é o Pirimpimpín das Malvela, que sorprenderon polo seu directo festeiro e enerxético. A xente quedou con fame de máis música galega. Voltarán!!!
|