Follow us on Twitter
Mitocondrias presenta o seu disco no FAX 2009 de Ourense PDF Print E-mail
Thursday, 18 June 2009 19:39

cartelfax_2009_mitocondriasA banda ourensá Mitocondrias presentará o novo disco "Que me quiten lo bailao" no Festival Alternativo da Xuventude de Ourense este venres 19 de xuño ás 22:30h.


JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Que me quiten lo bailao

 

O quinto disco do grupo ourensán “Mitocondrias”, titulado “QUE ME QUITEN LO BAILAO”, esta a venda, exclusivamente en edición dixital, dende o mes de maio do presente ano na páxina web da compañía Pai música. 

“Que me quiten lo Bailao” é un disco conceptual, tódolos temas tocan nas súas letras a adición e o consumo de diferentes drogas, tanto legais como ilegais, coa única pretensión de dar unha visión normalizadora dunhas sustancias empregadas dende que o home é o que é.

Once temas gravados pola técnica “todos a de tres”, e mesturados pola técnica “unha perna tapa a outra”, e todo feito no estudio “A Casa de Tolos”de Gondomar, dende xaneiro ate abril do ano 2.009. Técnico de gravación e productor Segundo Grandio. Nove temas foron compostos enteiramente por David Taín, noutro tema Carlos Taín fixo a letra e David a música, e na versión do tema dos Rolling Stones “Sister Morphine”, David adaptou a letra o castelán e Gary Robert compuxo a música.

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música