|
¡Do 24 de Septiembre a 19 de Diciembre, realizarase a 13ª edición do circuito OuTonalidades! ¡33 grupos, 74 conciertos que ocurrerán entre Portugal e o Norte de España! Este Circuito desenvolvese en espazos nocturnos intimistas (bares, cafés concertos, asociacións culturais) e aposta nunha programación de calidade e na descentralización. A organización á da Asociación Cultural d'Orfeu.
Outonalidades
25 actuacións en Portugal e 22 en Galicia
Grazas ao circuíto RGMV & OuTonalidades, os grupos galegos Aló Django, Banda Potemkin, Bukowski Blues Trío, Carmen Dor, Coanhadeira, De Outra Margem, Lamatumbá, Modulok Trío, Portrait, Som do Galpom e Son+D2 protagonizarán un total de 25 actuacións no país veciño, mentres que os portugueses Comcordas, Olivetree, Samasati, Sofia Ribeiro, Taberna Revisitada e Uxu Kalhus realizarán 22 recitais en Galicia.
Tanto en Galicia como en Portugal, o calendario de actuacións dá comezo este venres 25 de setembro. O programa portugués percorrerá 11 dos locais que durante o próximo outono acollerán a décimo terceira edición de OuTonalidades, circuíto musical que promove a asociación d'Orfeu no país veciño. O ciclo principiará este venres coa presentación de Som de Galpom na Casa da Juventude de Amarante e continuará até o 19 de decembro, visitando tamén Águeda (Espaço d'Orfeu), Aveiro (Mercado Negro), Chaves (Sala Multiusos), Estarreja (Bar do Cine-Teatro), Évora (Espaço Celeiros), Fundão (Casa da Moagem), Ovar (Café-Concerto do Centro de Arte), Porto (Contagiarte), Tondela (Bar do Novo Ciclo Acert) e Torres Novas (Café Teatro Virginia). En Galicia, a programación inaugurarase igualmente o 25 de setembro cun concerto da banda portuguesa Taberna Revisitada na sala Aturuxo de Bueu. O cartel estenderase até o 5 de decembro por outros 9 espazos da Rede Galega de Música ao Vivo, que a AGADIC promove en colaboración coa asociación Clubtura: Jazz Vides da Coruña, Pub D'Antón Rock Café da Laracha, Café-Cultural Roi Xordo de Allariz, Sala Run Rum de Ferrol, o Náutico do Grove, Clavicémbalo de Lugo, Pub Gatos de Melide e Auriense Café Cultural de Ourense.
|
|
Lamatumbá, un dos principais expoñentes da música galega actual, que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa enseña de Festa por única bandeira, volve aos escenarios con esta súa nova proposta musical, "Paraugas universal" un refuxio baixo do que bailar as nosas ledicias, disfrutar os nosos amores, cantar e sorrir. Logo de máis de dous anos de xira ininterrumpida dende o lanzamento da súa anterior gravación, a banda ourensá escolleu desta vez os estudios de Casa de Tolos para se retirar a lle dar forma ao seu novo traballo discográfico. "Estás convidado my friend, estás convidada meu ben..."
|
 |
Dende tan só 9,95€ |
|