| Mitocondrias actuara en directo no programa Estudio 3 da Radio Galega |
|
|
|
| Tuesday, 01 December 2009 11:45 |
|
O programa Estudio 3 da Radio Galega emitirá un especial este xoves día 3 de nadal en directo dende os estudios de Casa de Tolos. Este xoves día 3 de nadal Ricardo Alonso e o seu equipo achegaranse ata os nosos estudios de Casa de Tolos en Gondomar para a ralización do seu programa Estudio 3 da Radio Galega. Un programa que leva más de 10 anos achegando toda a actualidade do pop e do rock de luns a venres. Neste programa especial dende os estudios de Casa de Tolos, contaremos coa acutación dos últimos grupos de rock e pop que pasaron polo noso estudio. Mitocondrias, que acaban de sacar o vinilo do seu novo traballo "Que me quiten lo bailao" PAI Música 2009 e Niño y Pistola que acaban de grabar o que será o seu próximo traballo discográfico que ainda non está á venda. O programa poderase seguir en directo na Radio Galega e por internet en www.radiopai.com Lembra, o xoves día 3 de nadal tes unha cita co pop e o rock galego en Estudio 3 ás 21h. |