|
Monday, 31 March 2008 03:56 |
|
"Xigantes" é o novo traballo discográfico dunha das bandas de rock máis importantes de Galicia: Ruxe-Ruxe
Logo do éxito e boa sensación que nos deixaron con "Comercial" (PAI-Música 2006), volven agora con máis forza ca nunca. Cun deseño que nos lembra ás películas do famoso director de cine Ed Wood, e cunha persoal mestura de rock´n´roll e música tradicional galega, "Xigantes" é sen dúbida o mellor disco da banda de Aríns. Gravado nos estudios de Casa de Tolos baixo a produción de Segundo Grandío, este novo disco ten un coidadoso equilibrio contemporáneo, compacto e cheo de enerxía e entusiasmo, no que a banda mostra a madurez acadada ao longo destes anos. Logo de reventar a Sala Capitol de Santiago o pasado 12 de Abril, os Ruxe-Ruxe están a pechar a súa xira de concertos, que os ha levar por toda a xeografía galega e por varias cidades de España.
|