Follow us on Twitter
Ruxe-Ruxe en Chantada PDF Print E-mail
Wednesday, 28 May 2008 11:01

ruxeruxeOs Ruxe-Ruxe estarán esta fin de semana a presentar "Xigantes" na Sala Mogay de Chantada (Lugo).

Este sábado día 31 de Maio, a partires das 23:00 h. na Sala Mogay de Chantada (Lugo), Ruxe-Ruxe presentarán en directo "Xigantes", a súa nova achega discográfica. Dende 1996 levan a amosar por toda a xeografía española a súa persoal mestura de rock´n´roll, música tradicional galega e punk, con varios discos as súas costas.. Logo do exitoso "Comercial" (PAI-Música 2006), agora volven con "Xigantes", un disco que aínda que segue a liña dos seus anteriores traballos, ten un coidadoso equilibrio contemporáneo, compacto e cheo de enerxía, no que mostran a madurez acadada ao longo destes anos. Temas como "Ferrallas", "Rock´n´roll", "Gurb" ou "Feliz" an soar o sábado na Sala Mogay, sen esquecer clásicos do grupo como "Comercial", "Mil homes circo" ou "Macacos".

 

 

 

 

 

 

 

Related