Follow us on Twitter
Pancho Álvarez, protagonista no Alalá Número 100 PDF Print E-mail
(3 Votes)
Tuesday, 24 February 2009 14:49
Pancho ÁlvarezHoxe martes, ás 21:30 horas, o programa Alalá da TVG celebrará o seu programa número 100. E para este especial contarán como protagonista co músico Pancho Álvarez.

O músico porriñés, que editará o seu terceiro traballo Sólidos galicianos baixo o selo discográfico PAI Música, fará un percorrido polas súas lembranzas de neno así como polos seus inicios musicais nos grupos “Na Lúa” e “Matto Congrio”, ata chegar ó seu momento actual como músico en solitario.

O disco Sólidos galicianos componse de trece pezas musicais nas que o artista contou coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro. O título do traballo fai referencia a unhas moedas que eran acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.

"Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agóchanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros viven e manteñen tratos cos homes". Esta é a ficción, pero estes tesouros existen como metáfora dun patrimonio, do cal forma parte a nosa música tradicional. Unha música que sí é unha realidade, que contempla o paso das diferentes modas a través do tempo e vai asimilando e facendo súas todas esas influenciasque progresivamente van enriquecendo o seu patrimonio.

Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música

Adiántate ao lanzamento do disco e mércao en formato dixital. Xa podes mercar este disco en formato dixital a alta calidade antes de seu lazamento oficial.
Merca agora o disco de Pancho Álvarez - Sólidos Galicianos