| Roi Casal comeza a pechar datas para os próximos concertos |
|
|
|
| Friday, 08 May 2009 17:09 |
Roi Casal e a súa banda comezan xa a completar as próximas datas para os seus concertos deste verán.
O 4 de xullo poderemos escoitalos en O Grove, o 17 o no Castelo de San Antón en A Coruña e o 24 do mesmo mes en Vigo.
Lendas Douradas é o primeiro traballo de Roi Casal e foi presentado en novembro de 2008 Un traballo que é o resultado dun proceso de interpretación da cultura galega baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI. Un disco para unha nova xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de todas as culturas do mundo, o meirande tesouro que posúe a humanidade. Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal sendo froito dun coidado estudo da música tradicional, medieval e da poesía galega onde se aposta polo idioma galego como soporte fundamental.
|