| O novo traballo de Tanxedoras vera á luz o próximo mes de nadal |
|
|
|
| Thursday, 11 September 2008 11:02 |
|
Tanxedoras é un grupo de música tradicional formado por cinco rapazas de Vigo que proceden de diferentes formacións dentro do ámbito da música tradicional. Leni Pérez, Margó Gaioso, Teresa Santamaría, Ioli Pérez e María Silva son as cinco compoñentes de Tanxedoras, unha agrupación musical que destaca polo emprego de instrumentos tradicionais de percusión galega coma o pandeiro, cunchas, ferriños, culleres ou legóns. Un proxecto que naceu en setembro do 2003, aínda que con anterioridade e por separado formaron parte doutras agrupacións folclóricas. Mais os camiños da vida xuntáronas para traballar cunha idea común, a recuperación do legado musical de Galicia. Melodías tradicionáis e populares aprendidas dos nosos maiores. |