Follow us on Twitter
Carlos Childe Troupe no Festival BluesTP 2009 PDF Print E-mail
Tuesday, 20 October 2009 10:05

altCarlos Childe Troupe encargarase de abrir o vindeiro Festival de Blues Teatro Principal de Ourense o día 22 de Outubro .

Principalmente influenciado polo blues tradicional e o son de Nova Orleáns, Carlos Childe estivo percorrendo as salas do circuíto habitual, nun principio en solitario e desde o ano 1998 coa Carlos Childe Troupe. No ano 2008 editou o seu primeiro traballo discográfico producido por Segundo Grandío e editado por PAI Música baixo o titulo “Cooking Melodies”, o CD tivo excelente crítica, como a que asina o prestixioso crítico Vicente Zumel:

"Bo guitarrista, compositor e eficaz cantante (cuxo ton me lembra ó Bob Dylan actual), Carlos Childe deléitanos neste seu primeiro disco cunha serie de temas entroncados na tradición do blues texano e o jazz, todo isto salpicado de moito swing e groove en todas e cada unha das interpretacións do álbum. Carlos tamén coquetea con vellos temas tradicionais"

Na actualidade prepara a gravación dun DVD en directo e a gravación do que será o seu 2º disco en estudio, á vez que participará nun disco de versións dos Beatles xunto a artistas como Miguel Ríos, Ketama, Luz Casal e Paco de Lucía entre outros.