Follow us on Twitter
Lendas Douradas, o novo disco de Roi Casal PDF Print E-mail
Friday, 12 September 2008 16:24

Lendas douradas, o novo traballo de Roi CasalPAI Música prepara xa a producción e lanzamento do primeiro traballo de Roi Casal. Un traballo que mestura a tradición e a poesía galega.

Falamos con Roi Casal sobre o novo traballo.

"Teño a convicción de que existen Lendas Douradas, gravadas no subconsciente de cada un de nós, nun proceso fraguado de xeración en xeración ao vivir en simbiose co entorno que habitamos, impregnados así da súa esencia. Xacen as Lendas Douradas no pensamento colectivo e florecen irremediablamente para cuñar e por marchamo a cada unha das nosas obras, delatando a nosa orixe de xeito involuntario.

Así, tal como unha árbore toma nutrientes da terra e os converte en froito, o músico asimila o valor, o carácter, as ideas, falas e costumes dun lugar para proxectalo en forma de sons."

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related