Follow us on Twitter
Pancho Ávarez presenta o seu disco en Vigo, na XV edición de Ponte...nas Ondas! PDF Print E-mail
Thursday, 04 June 2009 18:54

Pancho Álvarez presenta o seu novo traballo musical na "XV edición da xornada da comunicación" que organiza a asociación "Ponte...nas ondas!" este venres 5 de xuño ás 21h. no Museo Verbum de Vigo.

Interpretará algún dos novos temas do seu último traballo discográfico "Sólidos Galicianos" acompañado pola voz de María Solleiro, nun evento adicado principalmente aos Tesouros Vivos do Patrimonio Cultural Galego-Portugués.

Ponte...nas ondas! presenta, no marco da XV edición da xornada da comunicación, unha revista oral destinada a presentar a proposta dos Tesouros Vivos do Patrimonio Cultural Galego-Portugués.
A Revista Oral ten un formato áxil e ameno no que se combina a palabra, a música, o canto e o recitado. Antonio Reigosa, investigador e difusor da literatura de tradición oral coordenará esta sesión que contempla a presenza de portadores do patrimonio galego-portugués chegados desde diversos puntos da Eurorrexión.
A Revista Oral será retransmitida en directo por televisión a través de Internet e poderá ser seguida en simultáneo dentro da programación de Ponte...nas ondas! A emisión e realización de televisión correrá a cargo do estudio móbil de  Casa de Tolos baixo a dirección de Segundo Grandío.

Máis información sobre o evento no Verbum. REVISTA ORAL NO VERBUM- Venres 5- 21 hs

asd