Follow us on Twitter
Vigo, volve a ser yeyé PDF Print E-mail
Thursday, 18 June 2009 16:15

vigo_yeye_portada150Volve Vigo Yeyé tal e como prometéramos o pasado nadal co lanzamento do CD-DVD que recolle o grabación dos grupos dos anos 60 que marcaron un época da vida viguesa. A partir do día 28 de xuño, Vigo volverá a ser yeyé por segunda vez. Nesta ocasión o Faro de Vigo entregará aos seus lectores o pack do verán. Unha preciosa camiseta de Vigo Yeyé que poderán mercar conxuntamente o individualmente co disco de Vigo Yeyé. Esta é aoportunidade para todos aqueles lectores que queradon sen o disco o pasado nadal.

E a cousa non se para aquí, o próximo 3 de xullo Vigo vestirase cas cores hippies dos anos 60 para acoller un gran Festival de Conjuntos, no teatro Caixanova (García Barbón) en Vigo.

Actuarán en directo: Los Condors, Los German's, Los Golpes, Los Lejanos, Los Stags, Los Watios, Carlos Mateo e o grupo que integran compoñentes de varios dos grupos e que seguen activos actualmente La Comisaría.

Presentado por Manuel Manquiña, este festival contará coas actuacións dos grupos dos anos 60 reunidos por primeira vez corenta anos depois para tocar en directo, nun espectáculo entrañable, ameno e nostálxico que conxugará os novos elementos multimedia para a visualización de videos e recortes de quela época. Asi mesmo, o concerto será restransmitido por internet polos estudio Casa de Tolos.

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

PACKS VIGO YEYÉ

Entrada anticipada: 12€
Entrada taquilla: 15 €

Puntos de venta Entradas a partir do día 19 de xuño
Servinova: Telf  986110500 - 902504500
Web: www.servinova.com
Central de Espectáculos Vigo
Tenda de discos de El Corte Inglés

O día 28 de xuño, en exclusiva co Faro de Vigo
Camiseta + disco Vigo Yeyé = 10,95€
Camiseta Vigo Yeyé = 6,95€

Ademáis na sección de discos de El Corte Inglés de Vigo poderás mercar os seguintes packs:

Entrada + Camiseta Vigo Yeyé = 16 €
Entrada + Camiseta + disco Vigo YeYé = 20€
Camiseta + disco Vigo Yeyé = 10,95€
Camiseta Vigo Yeyé = 6,95€