Follow us on Twitter
Brañas Folk levará o Alalá do Cebreiro a Arxentina PDF Print E-mail
Tuesday, 29 September 2009 17:47

Brañas Folk estará ata o 12 de outubro en ArxentinaO grupo Brañas Folk cruzará o charco o próximo mes de outubro para presenter o seu novo traballo "Alalá do Cebreiro" en Arxentina. A xira que comeza o día 8 cunha rolda de prensa na cidade de Bos Aires, rematará o día 12 cun concerto no Centro Galego de Mar de Plata.

Brañas Folk presentou no mes de xullo o que é o seu segundo traballo discográfico "Alalá do Cebreiro" (2009 PAI Música). Baixo este titulo xenérico saiu á luz o segundo traballo discográfico de Brañas Folk, agrupación liderada por Manuel Brañas desde o ano 2002 e despois da sua andadura coa célebre agrupación "Arco da Vella"; partícipe xunto aos grandes nomes da música galega do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta.

Con "Alalá do Cebreiro" atopámonos cun traballo musical aberto, como se se tratase da mesma porta que dá entrada a unha Galicia chea de tradición e cultura, e receptiva do que por ela entra.

Un disco que contén o folk entendido do xeito mais tradicional como o própia peza que dá nome o traballo Alalá do Cebreiro. O medievo musical galego tamén está presente neste disco co tema "Canto das Chirimías da Catedral de Santiago" interpretada pola laureada "Coral de Ruada" onde reviven as chirimías e o organistrum, instrumento do Pórtico da Gloria. As composicións de autor tamén teñen un oco neste traballo, musicando poemas de Rosalía de Castro e Ramón Cabanillas.

"Alalá do Cebreiro" recolle tamén pezas con ritmos foráneos que xa forman parte do noso sentir musical. E como non podía faltar en terras ourensans, unha banda de gaitas, a Banda de Gaitas de O Barco, acompañan ao grupo no peche, o que pretende ser un disco homenaxe ao legado da cultura galega arroupado coas singulares e marabillosas voces femininas galegas de Uxía Senlle, Sonia Lebedisnski, Laura Amado e Mónica de Nut.

Datas de concertos en Arxentina:

  • 8 de outubro: rolda de prensa na cidade de Bos Aires e presentación do disco " Alalá do Cebreiro"
  • 9 de outubro: Concerto no Teatro Castelao - Bos Aires
  • 10 de outubro: Concerto na Casa de Ourense - Bos Aires
  • 11 de outubro: Concerto no Auditorio de Mar de Plata
  • 12 de outubro: Concerto no Centro Galego de Mar de Plata

Brañas Folk"Alalá do Cebreiro" (2009 PAI Música).

Baixo este titulo xenérico sae a luz o segundo traballo discográfico de Brañas Folk, agrupación liderada por Manuel Brañas desde o ano 2002 e despois da sua andadura coa célebre agrupación "Arco da Vella"; partícipe xunto aos grandes nomes da música galega do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta.

comprar_aqui_gl