| O estudio mobil de Casa de Tolos por terras atlánticas |
|
|
|
| Saturday, 02 October 2010 14:18 |
|
Visitas obrigadas foron a illa de Gravinis, cos seus impresionantes gravados rupestres ou petroglifos, como os os coñecemos normalmente en Galicia.
De camiño a Normandía pasamos tamén polo pobo bretón de Carnac, onde os imponentes menires alineados describían unha paisaxe de contos de fadas. Finalmente ceamos na cuna dos festivais intercelticos de música, Lorient, e dende alí collemos novamnete rumbo a localidade da alta Normandía de Dieppe. O martes conquistamos novo pais, e almorzamos en Inglaterra, un pouco tarde para os nativos, e o normal para o resto dos españois. E dende alí repoñemos forzas para continuar a marcha cara a Stonehenge. Dende Stonehenge cara a Manchester onde os profes do colexio St. Jhons do Humeberto Juanes de Nigrán nos agardaban para cear. Ao día seguinte grabación no estudio do colexio público Loreto, que nos cederon as suas instalacións para gravar cómodamente aos cativos. Para finalmente ao día seguinte gravar oas video clips e entrevistas para o traballo. Miquel McGoldrick acompañounos durante toda a grabación e no videoclip. Nunha experiencia enriquecedora tatnos para nós como para os nenos e nenas participantes no proxecto. Hoxe amencemos en Irlanda, e a aventura continúa a partires deste momento. Bray, Dublin, Newgrange, Galway, Cork, ... nos agardan nestes días que permaneceremos grabando cos nenos do colexio de Chronans en Bray, baixo a dirección musical do prestixioso músico de música folk Donal Lunny. Xa iremos desmenuzando máis cousas desta viaxe. |