| Vigo volve a ser Yeyé |
|
|
|
| Thursday, 18 December 2008 21:28 |
|
Corenta anos e pico despois, aqueles valerosos músicos de outrora volven reunirse para colaborar xuntos na creación dun traballo discográfico brillante e orixinal que rende tributo a toda unha época, e ofrece a súa homenaxe aos que se quedaron polo camiño. Los Condors, Los German's, Los Golpes, Los Lejanos, Los Stags, Los Temples, Los Watios, Los Zuecos, Carlos Mateo e o grupo que integran compoñentes dos anos 60 e que seguen activos actualmente La Comisaría. Achegamos aquí un video de mostra deste execelente traballo sobre o tema "San Simón" de Los Watios.
Este disco foi posible grazas á colaboración de Estrella Galicia, Faro de Vigo, Ámbito Cultural de El Corte Inglés (Vigo) e á Deputación de Pontevedra.
|