|
Tuesday, 24 February 2009 14:29 |
 | Este xoves 26 de febreiro, Radio Clandestino emitirá o concerto en directo do grupo de rock progresivo Es un árbol. Este concerto pertence a campaña Música en Vivo contra el cambio climático, unha iniciativa promovida por Intermon Oxfam que conta coa colaboración da Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas de música en directo (ACCES). O programa pretende concienciar, mediante a música, das consecuencias que xa está a ter o cambio climático en todo o mundo e, en particular, nos países máis desfavorecidos.
Baixo esta iniciativa, máis de 60 salas de toda España uniranse entre o 26 e o 28 de febreiro ofrecendo concertos simultáneos en distintas cidades españolas para promover esta campaña. A mensaxe é sinxela: Ante o cambio climático, fai corto e cambio. Cerca de 200 voluntarios de Intermon Oxfam ocuparanse de recoller firmas nas salas para exixir ó governo español e ós do resto de países desenvolvidos, un maior grado de compromiso na loita contra o cambio climático.
Xa o sábado 28, Radio Clandestino emitirá en directo o concerto de Los Fabulosos Cubatas, o dúo formado por Pepe Méndez e Eduardo Hermida que nos achegarán o seu particular espectáculo músico-humorístico. | |