|
Monday, 15 June 2009 08:21 |
|

PRESENTACIÓN DE “ABROLLIDO” O LIBRO-DISCO DE OS TERRIBLES
Este mércores día 1, as 12:00h. na Casa da Cultura de Gondomar, PAI-Música presentará o novo disco-libro da agrupación de música tradicional Os Terribles de Donas
A presentación contará coa presenza de membros do grupo, do autor do libro, Santi Veloso, do responsable do traballo editorial e discográfico Segundo Grandío, e do Alcalde de Gondomar, Antonio Araúxo.
A edición deste traballo contou coa colaboración do Concello de Gondomar e da Câmara Municipal de Paredes de Coura, o lugar de orixe do grupo de música.
A través dunha coidada edición, no libro relátase a orixe deste grupo no Norte de Portugal e como o seu patrimonio musical sonoro foi conservado a través de varias xeracións. O traballo que agora se presenta constitúe un exemplo da recuperación do patrimonio inmaterial galego-portugués. A presentación deste traballo contempla un concerto na vila de Gondomar e outro na de Paredes de Coura.
|