Follow us on Twitter
Roger de Flor presenta “El mundo está loco,loco,loco…” PDF Print E-mail
Wednesday, 22 June 2011 00:00


Roger de Flor volve a sorprendernos ao cantarnos que “El mundo está loco,loco,loco…”. Este é o título do seu derradeiro traballo no que o artista fenés nos presenta doce novas cancións cargadas de melancolía, amor, esperanza, vitalidade...

As cancións que compoñen este disco son moi persoais, na súa maioría compostas integramente polo propio Roger de Flor, “algunhas das cales estiveron dous ou tres anos na recamara” afirma Roger. Na composición repite colaboración co seu inseparable Sergei Izmailov e có periodista Nicolás Vidal.

“El mundo está loco,loco,loco…”, gravado nos estudios “Anca” (Neda) e mesturado/masterizado nos estudios de “Casa de Tolos” (Gondomar), do prolífico Segundo Grandío, preséntanos temáticas como a necesidade de reciclarse a un mesmo periodicamente, amores prohibidos e estraños, certo desencanto mundano, o hartazgo da televisión, etc… Todo envolto no inconfundible estilo irónico-emotivo do artista fenés, e aderezado con ritmos swing, pop o rock’n’roll.

Unha das novidades deste disco reside na incorporación dunha sección de metais que lle da certo carácter soul a algunhas das súas novas creacións.

En “El mundo esta loco…” volven participar algúns dos seus colaboradores habituais, músicos de calidade e experiencia contrastadas como Cabe García, Fran Rey, Víctor Gacio e Sergei Izmailov, entre outros.

ROGER DE FLOR

Roger de Flor (Fene-A Coruña) comezou a súa andanza en solitario no 2007 con “Canciones de amor y retranca” e dende entón a súa presenza na escena musical non deixou de crecer. En 2009 sae o mercado o seu disco “Naturalidad Silvestre”, inspiración do documental “Roger de Flor: Naturalidad Silvestre”, có que percorreu toda a xeografía galega, presentando as súas cancións e o propio documental.

LISTADO DE CANCIÓNS

1-CONDUCIENDO: Unha metáfora en clave road music para falar da urxencia vital de ollar hacia diante tras algún desengano. Ritmo swing para un estribillo pegadizo.

2-VOY A CAMBIAR DE VIDA: Comezo  “royorbinsoniano” para unha canción breve con un crescendo constante que acentúa a súa vitalidade e emoción.

3-AI MEU AMOR: Canción que semella unha homenaxe musical a Honeybus na que que a tenrura e a perversidade conflúen de xeito inquietante.

4-ALGUIEN COMO TÚ: Novamente o artista envía unha mensaxe esperanzadora no medio dun ambiente melancólico. Metais souleiros nun medio tempo rockeiro.

5-BROTA: Reflexa o instante no que aparece algún tipo de emoción, o amor.

6-CAUSA PERDIDA: Amores imposibles e prohibidos envolta nun ambiente dylanianio.

7-EL MUNDO ESTÁ LOCO, LOCO, LOCO: Aquí o humor de De Flor fía fino para mesturar a letra descorazonadora e tristona nun ambiente musical luminoso e alegre.

8. NON PENSO VOLVER A VER A T.V.: Rexouba sobre a sobredimensión que a T.V. ten nas nosas vidas. Colabora o Marqués das Viñas cunha mefistofélica interpretación dramática.

9-ME HA ABANDONADO POR…: De novo a retranca fai a súa aparición nesta canción para afrontar un desenlace sentimental con sorpresa.

10-CANTO EU A QUERÍA: A necesidade de querer e ser querido nun ambiente misterioso envolto en ritmo de bossanova.

PRÓXIMOS CONCERTOS

· 21 de xuño no Garufa (A Coruña)

· 22 de xuño no CC Torrente Ballester (Ferrol)

· 1 de xullo no Pub La Divina Comedia (Pontedeume)

· 2 de xullo Praza do Cantón (Noia) ás 22:00.

· 8 de xullo no Pub As de Copas (A Guarda)

· 9 de xullo no Bar Labranza (Bueu)

· 23 de xullo na Casa de Carmen (Betanzos)

· 29 de xullo no Pub TBO (Noia) ás 22:30.

· 12 de outubro na Reixa (Santiago)

· 11 de novembro no Pub Gatos (Melide)

· 18 de novembro na Sala Super 8 (Ferrol)

· 3 de decembro no Club Clavicembalo (Lugo)

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related