|
Tuesday, 23 December 2008 19:37 |
|
Juan de Pablos ofreceu onte unha maxistral sesión de música dos anos 60 no guateque Vigo YeYé que se celebrou unte na Sala A en Vigo. Unha gran afluencia de público de todas as idades achegouse onte para bailar en directo a música pinchada en directo polo Juan de Pablos, director do programa de Radio3 "Flor de pasión", todo un fito da historia da radiodifusión española, sendo o programa que máis tempo leva en antena.
Aos seus 60 anos Juan de Pablos deixou boquiabertos pola súa actividade e aguante pinchando sen descanso ata preto das 4 da mañá. Unha aténtica lenda vida da música dos 60 en España.
|