Follow us on Twitter
Fernando Ferreira e Juan de Pablos falaron sobre a movida musical dos 60 PDF Print E-mail
Tuesday, 23 December 2008 21:59

Fernando Ferreira e Juan de PablosFernando Ferreira e Juan de Pablos falaron sobre a movida musical dos anos 60. Excusando a falta de Jesús Ordovás, Germán Fandiño de PAI Música presentou aos convidados de onte que se encargaron de dar un comprimido repaso da antoloxía musica dos anos 60 tanto en Vigo, no caso de Ferreira, como en España e internacionalmente que versou a intervención de Juan de Pablos.

O público asistente á sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés poideron escoitar unha charla amena e cercana dos intervintes no que mezcaron a cotidaniedade e dificultade das súas vivencias persoais co panorama musical que xurdía ao seu carón.

Fernando Ferreira fixo referencias aos músicos da época viguesa, os mesmos que están recollidos no seu libro "Crónicas dun Vigo YeYé" que acaba de ver á luz fai poucos días.

Dende as carencias técnicas que padecían os grupos de mozos de 15 anos da época que tentaban imitar o etilo musica dos lexendarios grupos como os Beatles ou os Animals, como dar conta das grandes proezas dalgúns deles que mesmo estiveron ás portas de grabar un LP e que por culpa de non ter atrevemento a plantexarllo aos pais, ficaron aquí en Vigo sen esa oportunidade que para calquera dos grupos da época era totalmente incalzable.

Juan de Pablos fixo un repaso a súa experiencia persoal como melómano que asiduamente xuntaba cartos para poder ter oportunidade de mercar alomenos 1 ou dous discos mensualmente. Nun época na que a eclosión musical "electrónica" daba o seu chimpo e España comezaban a soar os grupos internacionais no que posteriormente se inspirarían famosos grupos españois da época como Los Brincos, Los Huracanes. Para Juan de Pablos, sen dúbida a época de maior creatividade musical, na que case todos os discos eran boísimos e non había cartos para poder mercar a mairía deles e ter que escoitalos deixándoos escapar.

 

Deixámosvos aquí cun breve vídeo da xornada Yeyé de onte en Vigo.