|
Wednesday, 18 February 2009 13:44 |
|
|

|
|
O grupo de rock Mitocondrias acaba de gravar o seu novo traballo no estudio de gravación Casa de Tolos.
A banda, que conta xa cunha longa traxectoria ás costas, regresan cun traballo cheo de forza, composto por 11 temas musicais, no que teñen cabida as diversas influencias musicais que caracterizan a súa música.
O traballo, que será editado en breve por PAI Música, terá como principal novidade a súa edición en exclusiva en formato dixital. PAI Música non é allea á gran revolución que se leva producindo nos últimos tempos na esfera musical e así aposta por esta novidosa forma de distribución, unha vía que cada vez cobra máis protagonismo en tódolos ámbitos culturais.