Follow us on Twitter
E alá van, a caravana do Paraugas Tour 2009 aterriza en Catalunya PDF Print E-mail
Friday, 13 March 2009 18:32

Lamatumbá - Paraugas Tour 2009Lamatumbá xa está de xira por Calatunya e Aragón co Paraugas Universal. Clamor e festa espallados por toda a xeografía peninsular, removendo consciencias a base de rock, ska, funky, merengue, cumbia, e calquera ritmo que consiga encher os espiritus de festa en todos os escenarios aos que os poida levar a súa furgoneta.

"Por fin chegou ese momento de facer a maleta, cargar a fregoneta e arrancar estrada adiante por eses mundos de dios para que poidamos abrir o noso paraugas en todos os sitios nos que nos sexa posible. Á esquerda tedes os primeiros dos sitios nos que imos estar este ano, pero ha de haber moitos máis. Estade pendentes, que cando menos o esperedes vos aparecemos ao lado da casa. NON VALE PARARRRRRRR!!!!!!!"

 Os concertos son os seguintes

  • TERRASSA (Factoría D´arts - La sala del Vallés)
    13|03|2009 - 23:00 pm
  • HUESCA (Sala Jai Alai)
    14|03|2009 - 23:00 pm
  • SALT, GIRONA (Sala La Mirona)
    25|04|2009 - 23:00 pm
  • MATARÓ (Sala Clap) + La Pegatina
    15|05|2009 - 22:00 pm
  • PORQUERES (Barraques)
    16|05|2009 - 23:00 pm
  • HOSPITALET (Salamandra)+ Stoy ke trino
    06|06|2009 - 23:52 pm




Lamatumba
LAMATUMBÁ - "PARAUGAS UNIVERSAL" (PAI-Música 2008)
Lamatumbá, un dos principais expoñentes da música galega actual, que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa enseña de Festa por única bandeira, volve aos escenarios con esta súa nova proposta musical, "Paraugas universal", un refuxio baixo do que bailar as nosas ledicias, disfrutar os nosos amores, cantar e sorrir. Logo de máis de dous anos de xira ininterrumpida dende o lanzamento da súa anterior gravación, a banda ourensá escolleu desta vez os estudios de Casa de Tolos para se retirar a lle dar forma ao seu novo traballo discográfico. "Estás convidado my friend, estás convidada meu ben..."



comprar_aqui_gl


 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related