| Guezos, o próximo concerto da Radio Clandestina de PAI |
|
|
|
| Wednesday, 25 March 2009 19:34 |
|
GUEZOS nace no ano 1999 e consta de cinco compoñentes. Ao inicio ocúpase máis de composicións de corte tradicional, mais a derivación cara a música folk chega de seguido. Ao irse engadindo xente comézase a investigar coas posibilidades que ofrecen outros estilos como Rock, Pop, Reggae,etc. Actualmente GUEZOS busca incorporar ás súas composicións ritmos actuais baseados na múusica electrónica sen perder as súas raíces Folk. GUEZOS publicou tres traballos ata a data: Guezos (2001), Terradentro (2004) e o compilatorio virtual 99-06 dentro do netlabel www.aregueifa.net Mestúrense con enerxía tres partes de música folk, dúas de Rock, e outras tantas de música tradicional galega. Engádanse ao gusto pingas de sabores variados como funk ou reggae, e ata rumba, se apetece. Salpiméntese con graos de reel, e bátase todo no ordenador ata que colla boa textura. Logo métase no forno á temperatura dunha taberna chea de xente. Por suposto, sírvase quente e acompáñese de moito entusiasmo e ilusión.
|