Follow us on Twitter
Programa 58 de Plástico Elástico en Radio PAI PDF Print E-mail
Thursday, 10 November 2011 10:20

Flea Market
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Jose FleaMarket, que se achegou ao Musical Underground Especializado para presentarnos o FleaMarket Galicia, que terá lugar este sábado 12 de Novembro no Bar Embora de Compostela con actuación Post Market no Cachán Clube dos madrileños Help Me Devil.

Asemade, FleaMarket D.J. aproveitou a súa visita ao noso programa para ofrecernos unha selección de temas que soarán este sábado no Bar Embora. Xente coma Beast Of BourbonProfessor LonghairScreamin' Jay HawkinsCharlie FeathersSpeedBall Baby pasaron polos pratos do noso estudio.

Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia e Regalamos Entradas para ver esta semana en directo a Help Me DevilPony BravoEl CuboMucho.

Rescatamos outro dos cortes incluidos no último disco de JD McPherson "Signs & Signifiers", lembrando a súa visita a Galicia a vindeira semana.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical coa que será a banda convidada na vindeira edición de Plástico Elástico. O cuarteto de Baeza (Jaén) Supersubmarina, presentaránnos o seu novo E.P. "Realimentación".


Nesta edición soaron: Help Me Devil, Beast Of Bourbon, Professor Longhair, Screamin' Jay Hawkins, Charlie Feathers, SpeedBall Baby, Pony Bravo, El Cubo, Mucho, JD McPherson e Supersubmarina.

Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).

Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai



Plástico Elástico

www.plasticoelastico.com

facebook.com/plasticoelastico

www.akalimera.org

www.radiopai.com

This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related