Follow us on Twitter
Concerto de Roi Casal e a súa banda no Palexco de A Coruña PDF Print E-mail
(2 Votes)
Friday, 27 November 2009 17:42

Roi Casal e a súa banda seguen actaando por toda Galicia. A súa seguinte acutación será o próximo 29 de novembro ás 19h no Palexco de A Coruña. A entrada ao concerto é libre.

Lendas Douradas é o primeiro traballo de Roi Casal e foi presentado en novembro de 2008

Un traballo que é o resultado dun proceso de interpretación da cultura galega baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI. Un disco para unha nova xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de todas as culturas do mundo, o meirande tesouro que posúe a humanidade.

Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal sendo froito dun coidado estudo da música tradicional, medieval e da poesía galega onde se aposta polo idioma galego como soporte fundamental.

Vídeo clip - Ninfa das verdes augas

 

 

 

Related