O próximo 22 de xuño ás 4 da tarde, estaremos no torreiro das festas en Mañufe en Gondomar, para a gravación do novo videoclip de Xil Ríos, do seu úlimo traballo "Son da alma" (PAI Música 2010). Recrearemos unha festa típica dos anos 30 con aquelas maravillosas orquestas, e combos. Se queres participar como público só tes que rebuscar no faiado da casa, vestimenta da época e achegarte ata Mañufe.
Haberá café de pote e pastas para todos os asistentes.