| Medio milleiro de nenos e nenas gravan a primeira parte do videoclip de Celtic Roots con Budiño |
|
|
|
| Wednesday, 23 June 2010 13:32 |
Un final de cine para os nenos do C.E.I.P. Humberto Juanes de Nigrán cunha visita no derradeiro día de clase á Monte Lourido. Nin de excursión nin a bañarse, os 500 alumnos con idades entre 3 e 12 anos foron os protagonistas da gravación dun vídeoclip que o estudio de gravación de Casa de Tolos (Gondomar) realizou como parte do proxecto educativo de Celtic Roots.
Un experiencia musical intercéltica. Celtic Roots é un proxecto educativo interdisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e comunicación entre rapaces e rapazas de países que comparten unhas raíces culturais comúns: as raíces celtas. Esta cultura é compartida por Galiza e Irlanda, país de onde proveñen as familias e o profesorado de St. John´s (Manchester); e deste pais é a terceira escola deste proxecto: ST. CRONAN´S SCHOOL de Bray. Unhas das partes deste proxecto educativo é a gravación e edición dun libro CD-DVD que se publicará a finais deste ano 2010 e onde os cativos amosarán o traballo musical feito nas aulas cos seus profesores e que contan co apadrinamento de músicos músicos da talla de Xose Manuel Budiño (Galicia), Dónal Lunny (Irlanda) e Michael McGoldrick (Inglaterra). Os nenos e nenas de Nigrán aprenderon e participaron estes días no proceso de gravación dun disco e dun videoclip, onde eles son os protagonistas. Máis de 100 rapaces pasaron polos estudios de Casa de Tolos para gravar a parte galega deste traballo internacional, aprendendo a moverse entre cables, auriculares e micros e toda a experiencia que conleva a gravación dun disco. O gaiteiro Xose Manuel Budiño foi o encargado de escoller, adaptar e gravar as bases musicais das cancións tradicionais galegas que forón elexidas para este traballo común. Budiño tamén participou activamente dende o propio colexio nos ensaios que mantivo cos pequenos para amosarlles os temas escollidos. O proxecto continuará coas gravacións en septembro dos traballos realizados polos colexios de Manchester e Bray cos seus respectivos padriños e coa última parte deste videoclip internacional. |