Follow us on Twitter
NARF "Aló Irmao" e Come On Pelegrín (Pista Oculta) regálanvos Discos e Entradas hoxe ás 23.00 en Plástico Elástico PDF Print E-mail
Thursday, 22 July 2010 11:59

Plastico Elástico, o magazine capitaneado por César VarelaHoxe xoves 22 de Xullo ás 23.00 en Plástico Elástico (RadioPAI) teremos con nós un convidado de luxo. Fran Pérez-NARF pasaráse a presentar o disco "Aló Irmao". 

Tamén recibiremos a visita da xente de Pista Oculta que este vindeiro venres van presentar o C.D. recopitalorio de grupos underground compostelanos "Come On Pelegrín" na nosa cidade (Sala Moon), onde por certo estaremos nós pinchando.

Sintonízanos hoxe xoves ás 23.00 na internet, en Radio Pai ou descarga xa o podcast que está xa dispoñible no sitio web de Plástico Elástico (Programa 11).

¡¡¡SORTEAREMOS DISCOS ASINADOS POR NARF E ENTRADAS CON C.D PARA A PRESENTACIÓN DE COME ON PELEGRÍN!!!
DATE PRESA QUE SE ESGOTAN!!!

Na edición de hoxe soarán: Narf e Manecas Costa, Narf, Nicho Varullo, Os Quinindiolas, Psicofónica, O Labirínto dos Soños, Metralletas Lecheras, Pito de Picaso e Piti Sanz.

Repetición da emisión de hoxe, o domingo á mesma hora en Radio PAI.
 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related