Follow us on Twitter
Operación Can PDF Print E-mail
Sunday, 30 March 2008 03:05

Operación Can, un traballo promovido pola UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia), é o resultado dun concurso musical para alumnos matriculados en centros educativos galegos entre 1º de Primaria e 4º da Eso.

O concurso consistía en que os rapaces fixesen unha canción orixinal en galego que tratase sobre o medio ambiente, animais ou plantas. Das 32 cancións participantes, os propios rapaces encargáronse de facer a selección final con case 10.000 mensaxes electrónicas. Coas seis cancións máis votadas, fixéronse outros tantos videoclips. A portada do disco elixiuse tamén por votación.

Operación Can consta dun Cd de audio con 16 cancións e un DVD con 6 videoclips, un como se fixo e un documental sobre o funcionamento das Protectoras de Animais de Galicia.

CD + DVD Star tray

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related