Follow us on Twitter
A volta dos nove: arte e memoria PDF Print E-mail
Tuesday, 22 April 2008 22:21


seoane

O pasado 5 de abril foi presentado en Baiona o completo traballo multidisciplinar "A Volta dos nove: Arte e memoria".

Trátase dun traballo impulsado polo Instituto de Estudos Miñoranos, no que lle fai unha homenaxe aos nove miñoranos asasinados en 1936 en Baiona. Este traballo serve de inventario da desborda artística no que nove pintores, nove poetas e nove fotógrafos, aportaron desinteresadamente. O traballo inclúe un CD con música do compositor e intérprete Antón Seoane, cantada por Pilocha e o propio compositor, un libro con contidos gráficos e textos e un completo DVD cun documental de 50 minutos onde se relata como naceu a idea da homenaxe e a importancia da Memoria, así coma un amplo repaso á obra artística que recolle este traballo. Tedes un vídeo resume do acto de presentación no auditorio de Baiona.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related