Follow us on Twitter
A Señora Carmen no programa "Alalá" PDF Print E-mail
Wednesday, 28 May 2008 17:53

sracarmenO vindeiro 9 de Xuño, a Señora Carmen será a protagonista do programa "Alalá"

A Señora Carmen segue a estar de actualidade pola publicación de "Na flor dos meus anos" (PAI-Música 2007), o seu debut discográfico en solitario. A Televisión de Galicia, concretamente o programa Alalá que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego, faralle un programa especial o luns 9 de xuño, onde a Señora Carmen hanos amosar o seu lado máis humano e relataranos as súas lembranzas, en claro contraste coa Galicia de hoxe. Ademais, como non podería ser doutro xeito, interpretará algunhas das cancións que compoñen o seu magnífico traballo discográfico.

Así mesmo, logo da súa mini-xira por Arxentina, o 10 de xuño a Señora Carmen vai a Santander para actuar no Palacio de Festivales de Cantabria xunto con Malvela. Sen dúbida, unha auténtica embaixadora da música galega tradicional.

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related