Parabéns a tódolos premiados
Aquí están os nomes dos premiados no concurso de ilustracións Año Pitaño, convocado por PAI Edicións para ilustrar o libro disco do mesmo nom...
Celtic Roots se presenta en Manchester
Budiño, Dónal Lunny e McGoldrick se reúnen en Manchester para presentar el disco “Celtic Roots”
Una veintena de alumnos del CEIP Humberto J...
Xa está dispoñible O Año Pitaño
“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, a...
“Cuerdo de Remate” el último trabajo de Mario Malapersona
Cantautor peculiar, músico polifacético versátil e incorregible. Mario Malapersona es uno de esos artistas que dicen lo que piensan, piensan lo q...
Os Terribles de Donas presentan su segundo disco “Pedramoura”
Os Terribles de Donas regresan a la actualidad musical con su segundo álbum “Pedramoura” un trabajo que recoge su legado musical y pr...
Os Terribles de Donas presentando o seu disco en Baiona e Melide
Os Terribles de Donas achegaranse este mércores 25 de maio ás 23h na praza do concello de Baiona (Pontevedra) para presentar o seu traballo discogr...
JabonBlue no concerto presentación da campaña LIBRE
O pasado 24 de Febreiro tivo lugar na Sala Capitol o concerto presentación da campaña LIBRE a cargo de Jabón Blue.
Concerto de Jabon Blue na festa vikinga de Catoira
A banda do Barbanza estará o sábado 31 de xullo na Festa Vikinga de Catoira presentando o seu novo traballo "Flores en la carretera" (PAI Música 2...
Son da Alma nace do aroma das orquestras, do que nos namorou cando cativos
Confesa ademais o rapsoda de Moaña: "Non todo foi 'Xirarei', as pezas reivindicativas son as que máis me emocionan".
Antes de nada, como é que unh...
Novo video clip de Xil Ríos
Xa está aquí o novo videoclip de Xil Ríos, Maruxa baila conmigo, o tema deste verán en todas as festas de Galicia. Un vídeo gravado polos estudio...
Carlos Childe de xira por Madrid
Carlos Childe acaba de chegar de Madrid tras ofrecer unha serie de concertos nun coñecido local da capital.
Carlos Childe ponlle voz á longametraxe, O apóstolo
A proxección da película conta coa interpretación en directo da banda sonora pola Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Caixa Galicia Terra a ...
Celtic Roots avanza nas gravacións
A poucos días de que o equipo de Casa de Tolos faga a travesía á Bretaña francesa, Inglaterra e finalmente Irlanda para continuar coas gravacións...
Nova web de Casa de Tolos
Casa de Tolos acaba de lanzar a súa nova web, na que recolle entre outras, os videos dos Directos de Casa de Tolos. A nova web recolle a actualidade ...
En directo dende Casa de Tolos
En breve, comenzaremos a gravar os directos de Casa de Tolos onde estarán os grupos de Pai Música executando a súa maestría e únicamente poderede... | PAI prepara un novo proxecto educativo musical, Celtic Roots |
| Written by SG |
| Friday, 11 June 2010 08:59 |
|
O estudio de grabación Casa de Tolos realiza xa as grabacións para o novo proxecto educativo musical de PAI Música, Celtic Roots, un traballo multidisciplinar que engloba a colexios de Nigrán, Manchester e Bray e que contan co apadriñamento musical de músicos da talla de Xose Manuel Budiño (Galicia), Dónal Lunny (Irlanda) e Michael Mc Goldrick. Celtic Roots xorde a raíz do intercambio educativo que o CEIP. HUMBERTO JUANES realiza dende o ano 2003 co colexio ST. JOHN´S PRIMARY SCHOOL de Manchester. É un proxecto interdisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e comunicación entre rapaces e rapazas de países que comparten unhas raíces culturais comúns: as raíces celtas. Esta cultura é compartida por Galiza e Irlanda, país de onde proveñen as familias e o profesorado de St. John´s; e deste pais é a terceira escola deste proxecto: ST. CRONAN´S SCHOOL de Bray. Entre as múltiples actividades que se están realizando entre as tres escolas PAI Música encargarase da edición e promoción do proxecto musical centrado na música tradicional, que se plasmará nun libro cd-dvd de cancións tradicionais galegas e irlandesas, no que, ademais do profesorado, alumnado e familias das tres escolas, CEIP. HUMBERTO JUANES, ST.JOHN´S PRIMARY SCHOOL E ST. CRONAN´S SCHOOL, participarán músicos profesionais, contando coa colaboración de importantes figuras da música celta como Dónal Lunny de Irlanda, Michael Mc Goldrick de Manchester e Xose Manuel Budiño de Galicia. Os padriños musicais de Celtic Roots
Dónal Lunny Nado en Kildare (Irlanda) no 1947, Dónal está na vangarda da evolución da música irlandesa dende hai máis de corenta anos. Está considerado como chave central do rexurdimento da música tradicional dende finais dos anos sesenta. Foi un dos primeiros músicos en popularizar o buzuki dentro da música celta. Criado nunha familia de músicos, Dónal tocaba en pubs dende ben neno. Xa de adolescente fundou varias bandas co seu amigo Cristy Moore (outra figura imprescindible no folk irlandés), e en 1971 forman Planxty xunto con Liam O'Flynn. Tamén formou parte de bandas coma Moving Hearts (con Davy Spillane) e The Bothy Band. Nestes últimos anos especializouse en labores de produción e coma músico de sesión, sendo un colaborador e produtor habitual nos discos de Sinéad O'Connor, The Waterboys, Elvis Costello, Mark Knopfler ou Rod Stewart.
Michael McGoldrick Nado en Manchester no 1971 e de pais irlandeses, Michael McGoldrick veuse animado a tocar na escena do folk tradicional dende moi neno. Xa aos 15 anos gañara varios premios e campionatos a nivel nacional, sempre vinculado á música celta. Empezou tocando o bodhram aínda que logo se cambiaría á flauta e demais instrumentos de vento. Fundou varias bandas de música, como Toss the Feathers ou Lunasa. Pero o seu maior recoñecemento foi en 1998, cando entrou a formar parte da mítica banda escocesa Cappercaille da que aínda é membro hoxe en día. Michael McGoldrick é un nome de referencia na actual escena folk,sendo nomeado Músico do Ano en 2006.
Nado en Moaña, a comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña e completa a súa formación musical na Universidade Popular de Vigo. Participa na banda de gaitas Xarabal e, en 1991, funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía Senlle. Músico, galego de orixe e universal polo seu fado, viaxeiro convencido, creador incansable, innovador por convencimento, soñador de melodías imposibles dende un pobo mariñeiro onde o vento convértese en música calma... Xosé Manuel Budiño é un artista atípico: é difícil atopar alguén que esperte tanta admiración entre os seus e entre o mundo da música celta en Galicia. Xosé Manuel Budiño inspírase nos pequenos sabores da música tradicional, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio: a música que se pode converter en tradición nun futuro, non moi lonxano.
|
Musiqueoh é un agregador de páxinas que falan de música, nomeadamente música galega. O obxectivo é presentar de xeito cómodo e compacto as novas fresquiñas que se xeran nas moitas webs en galego sobre música que existen.