Inicio Home PAI Rock&Pop Presentación do novo disco de Lamatumbá
Follow us on Twitter
Presentación do novo disco de Lamatumbá PDF Print E-mail
Friday, 23 May 2008 18:47

lamatumbaO pasado xoves día 22 de Maio foi a presentación oficial de "Paraugas universal" (PAI-Música 2008), o novo disco de Lamatumbá.

A Praza de Cervantes de Santiago de Compostela foi o escenario elixido para que a banda ourensá fixese unha actuación "sorpresa" e presentasen eles mesmos o seu novo disco.Ante o asombro dos viandantes, que se atoparon ao grupo tocando na rúa, Lamatumbá fixo un repaso en direto da meirande parte dos temas que compoñen "Paraugas universal", mentres zancudos e malabaristas facían as delicias dos máis pequenos e repartían folletos e singles promocionales da banda.

Esa mesma noite, a banda ourensá comezou a súa nova xira de concertos cunha actuación na Sala Capitol de Santiago onde despregaron toda a forza do seu direto. "Camiños", "Severino", "Delito", "Malas herbas" ou "Aquí" soaron ante un fervoroso público que abarrotou a sala. As máis das dúas horas do concerto foron sen dúbida, a guinda perfecta dun día inesquecible. Todo isto podedes velo no vídeo que preparamos para todos vós.

 

 
Banner

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



PAI Calendar

PAI AxendaPAI Axenda. Os próximos concertos, presentacións...para que non perdas detalle.

Gallery