Como así apunta no prólogo do disco o músico e amigo Xose Bieito Álvarez "aquí están de novo os Carunchos dispostos a entrar polo torreiro adiante a armala, a poñelo de patas-pa-riba.”
E aquí está o novo e fresco traballo destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres dos que non só tocan e cantan “que nin dios”, senón que ademáis disfrútana e vívena para que todos aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos.
"En Galego" súmase así como o cuarto traballo deste grupo de música tradicional galego.
COMPOÑENTES
Luis E. Correo Piñeiro (gaita, zanfona, requinta, percusuóns e voz)
Pablo Rial Salgueiro (oboe, gaita, acordeón diatónico, percusión, voz)