Inicio Home Press Room Tanxedoras - Boletin
Follow us on Twitter
Tanxedoras - Boletin PDF Print E-mail
Written by SG   
Tuesday, 21 April 2009 12:41

alt

informacion

portada

fotos_hd

video_hd

audios

audios

 

TANXEDORAS PRESENTA O SEU PRIMEIRO DISCO
Enerxía para botar por fóra

Presentación en concerto o sábado 25 de abril de 2009 as 22:30h na sala Rosalía de Castro do Centro cultural Caixanova de Vigo

Cando cantamos música tradicional facemos inventario do que somos, do que fomos e do que queremos ser. As Tanxedoras suben ao escenario sabedoras de que atesouran, como bagaxe sagrada, dentro das súas gorxas as músicas todas da tradición galega.

Tanxedoras. Velaí o nome dun grupo de música tradicional que, a pesar de presentar agora o seu primeiro disco ( Tanxedoras, Pai Música, 2008 ), non é, desde logo, un grupo novo.

Leni, Yoli, María, Margó e Tere son as compoñentes desta agrupación que, a forza de percorrer o país abaixo e arriba, sabe xa dos mil nomes da música tradicional e dos mil xeitos de tanxer un pandeiro, abanear unhas castañolas, apertar un acordeón ou tirar da gaita sons que levan séculos entre nós, e que agora, gravados  con xeito, chegan a fin a todos. As cinco levan anos mergulladas na música tradicional desde diferentes ópticas. Para quen crea no destino que asevere que foi el quen as xuntou. Tanxedoras tiñan que ser.

Este seu primeiro disco é só unha mostra afortunada de todo o que pasa sobre o escenario. Cando menos, iso é o que cómpre dicir ata que o público as ve actuar. Daquela, entende que tanta forza, si, cabe nun disco, pero que hai enerxía dabondo como para botar por fóra.