|
Written by Xusto Molejón
|
|
Tuesday, 18 August 2009 14:35 |
|







|
LAMATUMBÁ actuará o día 22 de Agosto no XXX Festival Irmandiño de Moeche.
LAMATUMBÁ e hoxe por hoxe un dos maiores expoñentes da música galega, música que levan polo mundo adiante coa enseña da festa como única bandeira. Inmersos actualmente na xira de presentación do seu traballo "Paraugas Universal" (Pai-Música 2008), xira coa que están a levar a sua música por toda a peninsula e coa que están a colleitar un grande éxito, sendo un seguro de festa en moitos dos principais festivais e salas de concerto de toda a xeografia peninsular. O Festival Irmandiño de Moeche será un dos poucos concertos que Lamatumbá realice este verán en Galiza, un veran no que xa estiveron actuando en sitios tan dispares como o Festival Tom de Festa (Tondela- Portugal), Festival Castillo de Ainsa (Ainsa - Aragón), Festival Cruilla de Cultures (Mataró - Catalunya) donde compartiron cartel con artistas da talla de Manu Chao, Chico Cesar, Macaco, Boikot, Huecco,Betagarri ou D'Callaos entre outros. Lamatumbá acaban de regresar do Festival Intercéltico de Lorient (Lorient - Francia) donde causaron unha grande sensación na sua primeira incursión en terras galas. Sen dúbida algunha o torreiro do Festival Irmandiño vai a ser unha auténtica explosión de festa, baile, risas e berros cando os Ourensans suban ao esceario. Con Lamatumbá a festa esta asegurada!
|
|