Follow us on Twitter
Os Carunchos actuarán no Festival de O Viso en Redondela PDF Imprimir E-mail
(3 Votos)
Miércoles, 19 de Agosto de 2009 13:23

Os Carunchos xa percorren os torreiros de todo o país co seu novo disco Os Carunchos compartirán cartaz cos grupos Ardentía e Aluarado entre outros na VIII edición do festival  "Noite da Lúa Meiga", un festa da música tradicional que se celebrará os próximos días 29 e 30 no monte Outeiro Grande de O Viso, en Redondela.
O programa de actos, contará con xogos populares, un xantar, e como principal novidade desta edición, un encontro de chimpíns decorados con flores e distintos motivos relacionados co campo, resaltando así o carácter rural do certamen.


O responsable da organización, Xosé Covelo, destacou como obxectivos do evento "a promoción da música e cultura galega", como evidencia a gran oferta do cartaz, que no seu segundo día ofrece as actuacións de varios grupos de pandereteiras, coros e danzas da comarca, ademais de manter o escenario aberto ao público durante toda a xornada.

A organización tamén facilitará o acceso do público ao concerto do día 29 coa posta en fucionamiento dun servizo de autobús gratuito que percorrerá a parroquia de O Viso entre as 21.00 e as 4.00 horas. Con esta iniciativa preténdese evitar unha aglomeración de vehículos na cima do monte, así como posibilitar o acceso a persoas con problemas de movilidade.
"Noite da Lúa Meiga" naceu en 2001 impulsado pola agrupación folclórica Terra Meiga e a Asociación Cultural Santa María de O Viso, e a partir da súa terceira edición o seu escenario pasou ao monte Outeiro Grande, un espectacular mirador sobre Ríaa de Vigo. Nos últimos anos consolidouse como un dos festivales folk de referencia na comarca, ao reunir a máis de 2.000 persoas.

"En Galego"  cuarto traballo deste grupo de música tradicional galego.