Follow us on Twitter
Novos concertos de Mitocondrias PDF Imprimir E-mail
Jueves, 21 de Enero de 2010 10:42

Mitocondrias 2009Mitocondrias presenta a súa axenda de concertos para este 2010, e que iremos completando ao longo do ano.

O quinto disco do grupo ourensán "Mitocondrias", titulado "QUE ME QUITEN LO BAILAO" estreado no 2009, é un disco conceptual, tódolos temas tocan nas súas letras a adición e o consumo de diferentes drogas, tanto legais como ilegais, coa única pretensión de dar unha visión normalizadora dunhas sustancias empregadas dende que o home é o que é.

O xerme da banda formouse nun bar, no ano 1989. Pasaron milis, músicos e bolos, ate que no 93 de xira por Portugal ofrecéronlle gravar un disco. E alá marcharon a Viana do Castelo, a gravar e voltamos co noso primeiro disco "Tiempos Dificiles" debaixo do brazo. Xiramos por Españaa e Portugal pero as idas e vidas dos músicos desestabilizaron á banda, ata que no 97 con David á guitarra conclúese a formación actual.

No 2003 como Power Trio editan "Quien no Corre Vuela" coa discográfica ourensán Arteficción Discos e no 2006 como cuarteto, "Trankilidad". No 2007 fan dous vídeos musicais ("Perro" e "La Resaca"), unha canción editada nun recopilatorio de bandas ourensáns e autoeditadas nun concerto nos "Directos Na Radio Galega".
A Banda sempre foi influenciada por diferentes puntos de vista, no que se refire á música, abarcando o alo menos considerando todo, e sen maior pretensión cá de tocar e pasalo ben namentres o corpo o ature e o pu?blico nos ature a nos.

12 feb 2010 1:00
Disco-Club Capital Ourense
20 mar 2010 23:00
Mardigras A Coruña, Coruña
25 jun 2010 1:00
Pub Gatos Melide
3 sep 2010 21:30
Auriense Café Cultural Ourense
16 oct 2010 23:30
Clandestino Nigran
11 dic 2010 0:00
El otro Caiman Monforte de Lemos

 

VER VIDEO

JavaScript no está habilitado!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

 

Relacionadas