Follow us on Twitter
Magín Blanco - Realidad PDF Imprimir E-mail
Sábado, 29 de Marzo de 2008 20:43

Magín Blanco - RealidadSegunda entrega discográfica en solitario de Magín Blanco. Tralo éxito e o bo sabor de boca que deixounos con “Ella”, volve agora con mais forza que nunca con “Realidad”, outra magnífica colección de cancións, a medio camiño entre a música de autor, o pop e o folk. “Realidad”, segue a liña intimista de "Ella", amósanos unhas cancións mais vitalistas, coidadosamente arranxadas, que están dirixidas a chegar ó corazón de quen as escoita.

Dende a ledicia de temas como “La fiesta”ou “Hielo sobre hielo”, á melancolía de “El corazón de los pájaros” ou “Sus cosas”, ou ás contaxiosas “Lluvia dorada” ou “Las mareas”.

Realidad” está producido e gravado por Segundo Grandío nos estudos Casa de Tolos. Ademais, Magín conta coa colaboura de Pepe Losada ás guitarras, Isaac Palacín (Berrogüetto) á batería e o propio Segundo Grandío ó baixo.

Realidad” é sen dúbida, o disco da consagración definitiva de Magín Blanco.

CD Digipack

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música