Follow us on Twitter
O Quiquiriquí: Cantos para o Nadal PDF Imprimir E-mail
Sábado, 29 de Marzo de 2008 21:06

O Nadal foi sempre un tempo de celebración,con sabores, cantigas, sentimentos e lembranzas de seu. É unha festa moi arraigada no noso pobo que, ao longo dos tempos, foi desenvolvendo tamén uns costumes e tradicións propios cos que celebraba os distintos aspectos destas datas.

Algunhas tradicións continúan até hoxe, mais hai outras que ou ben desapareceron ou e ben están en perigo de extinción,xa que penden do delicado fío da tradición oral. Os nosos avós coñeceron un Nadal ben diferente, centrado na familia,no recollemento e nos sentimentos,en troques do voraz consumismo que hoxe o caracteriza.

Ese é o espírito que O Quiquiriquí quere recuperar. Tomando como base a rica tradición musical galega este traballo convida, especialmente aos rapaces máis novos, a un percorrido por todo o universo da tradición viva do nadal galego mediante un libro, un CD e un DVD.

O Quiquiriquí foi producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboura cos estudios Casa de Tolos, e está coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI Música. A dirección artística correspondeu a Paulo Nogueira, Magoia Bodega e Segundo Grandío.

LIBRO - DISCO - DVD

 

Relacionadas