Follow us on Twitter
Tino Baz en concerto en Gondomar PDF Imprimir E-mail
Viernes, 15 de Mayo de 2009 11:15

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o cantautor Tino Baz actuará hoxe no auditorio Lois Tobío de Gondomar, dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Gondomar para esta festividade. O concerto será hoxe 15 de maio ás 21:30h.

 

 

 

 

TINO BAZ - "CINSA NAMORADA" (PAI-Música 2007)

"Cinsa namorada" é o primeiro disco en solitario de Tino Baz que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra como autor, músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega e como músico que percorreu e espallou o seu traballo tanto en España como no resto do mundo. As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campos, que ven a ser que avala literariamente este traballo. Musicalmente, ven ser o veterano músico Moisés Quintas que asume a dirección artística e quen coordina a participación dos diferentes instrumentistas que interveñen no traballo. Con "Cinsa namorada", Tino Baz cumpre o seu desexo de facer un aporte fresco ao panorama da música galega actual, na parcela da canción de autor.

comprar_aqui_gl

 

Relacionadas