A banda pecha a tempada de verán con este video recopilatorio de imaxes dos concertos por toda a xeografía galega e peninsular, onde cruzaron asiduamente o meridiano para percorrer as terras cataláns onde a banda ourensá é sempre moi ben acollida. A banda fai unha parada no camiño para preparar a súa seguinte viaxe ao outro lado do Miño.
Os próximos concertos en Portugal serán
ESTARREJA 27|11|2009 - 23:00
ÁGUEDA (PORTUGAL) 28|11|2009 - 23:00
MOAGEM (PORTUGAL) 19|12|2009 - 23:00
Podes consultar e suscribirte á axenda de concertos de PAI Música aquí
Lamatumbá - Despedida do Verán - Pixelin - HD
Reproductor de Flash no instalado o version instalada es anterior a 9.0.115!
Lamatumbá, un dos principais expoñentes da música galega actual, que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa enseña de Festa por única bandeira, volve aos escenarios con esta súa nova proposta musical, "Paraugas universal" un refuxio baixo do que bailar as nosas ledicias, disfrutar os nosos amores, cantar e sorrir. Logo de máis de dous anos de xira ininterrumpida dende o lanzamento da súa anterior gravación, a banda ourensá escolleu desta vez os estudios de Casa de Tolos para se retirar a lle dar forma ao seu novo traballo discográfico. "Estás convidado my friend, estás convidada meu ben..."