Follow us on Twitter
Sixty Tolos, a golpe de single - Presentación do documental PDF Imprimir E-mail
(1 Voto)
Miércoles, 16 de Diciembre de 2009 13:39

sixty_tolos_docuentalComprácenos convidarvos á presentación do filme documental Sixty Tolos, a golpe de single dirixido por  Xaime Fandiño nunha coprodución de Televisión de Galicia e Casa de Tolos.  Un traballo que recopila a historia dos grupos dos anos 60 que marcaron unha época da vida viguesa.

O acto terá lugar o próximo venres 18 de decembro no Museo MARCO de Vigo sito na rúa do Príncipe nº54 , ás 19:30 h.

Este documental pecha así o proxecto "Vigo Yeyé",  iniciado no ano 2008 coa grabación dun CD-DVD con temas inéditos dos grupos que conformaban a movida dos anos 60 en Vigo, e coa celebración e grabación do último concerto-reencontro destes conxuntos celebrado o pasado mes de xuño no Teatro Cultura Caixanova de Vigo e que sairá á venda o próximo 22 de decembro en exclusiva no Corte Inglés de Vigo.

Sinopse documental.

A vida e milagros daqueles pioneiros conxuntos músico-vocais do Vigo dos 60, precursores da movida dos 80 viguesa.
Cara a cara cos protagonistas dunha historia que fala de ye-yés, cabelo longo, guateques, barcos de inglesas, festivais, guitarras eléctricas....

Nos anos sesenta, vinte anos antes da mediática movida de Vigo, a cidade olívica viviu o que podemos considerar quizais a década máis rupturista da súa historia. Deste feito apenas quedan hoxe lembranzas, nunha cidade que corre toleada, excepto as que levan no seu corazón a xeración de sobrevivintes que viviron naquela especie de "Liverpool galaico".

Eran os ye-yés, os fillos dunha xeración a que lle tocou vivir os últimos estertores da guerra civil, nacidos nun país en branco e negro que se encargarían de colorear. Unha especie de apóstolos comprometidos coa nacente música electrificada. Estes ye-yés, hoxe moitos deles sexaxenarios, relátannos en primeira persoa esa experiencia singular que, a través da ruptura cos canons establecidos no tocante ao aspecto físico e á indumentaria, racharon coa tendencia que prometía a continuidade dunha sociedade con encefalograma plano.

O cabelo longo, os guateques, os barcos das inglesas, os festivais, as guitarras eléctricas e moitos máis inputs, todos eles aderezados pola música dos nacentes "conxuntos musico- vocais", marcaron unha diferenza nunca antes experimentada, entre esta especie de baby boomers e a xeración precedente. Tal foi a militancia case relixiosa dos ye-yés ante a proposta dun novo modelo de vida, que a incomprensión fixo mella nas súas costas desde todos os ámbitos da sociedade.

Os protagonistas de Sixty Tolos (a Golpe de Single) falan de ilusións, lembranzas, música... e desas outras cousas, hoxe incomprensibles, que lles tocou padecer e vivir á xeración ye-yé durante os difíciles anos sesenta. Unha auténtica peza de documentación dun anaco importante da historia viguesa.

+ info de Vigo Yeyé en www.vigoyeye.com

JavaScript no está habilitado!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.