| Celtic Roots chega ao CEIP Humberto Juanes. |
|
|
|
| Martes, 21 de Diciembre de 2010 14:01 |
|
A produción estivo a cargo do equipo de técnicos de Casa de Tolos que realizou traballos nos estudos de Mañufe (Gondomar) e viaxou con seu equipo móbil de gravación a Inglaterra e Irlanda. A profesora Chus Álvarez do CEIP Juanes foi a coordinadora do proxecto, e os músicos Xosé Manuel Budiño, Michael McGoldrick e Dónal Lunny os padriños musicais do mesmo. O álbum foi presentado pola propia profesora Chus e mais o actor Avelino González aos nenos do CEIP que encheron o salón de actos. Tamén estiveron presentes no evento, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño (padriño musical) a directora María del Carmen Lorenzo e o equipo de profesores do colexio. Logo de cantar con Budiño e gozar cos contos de Avelino González os nenos recibiron un exemplar do traballo que foi entregado ao mestre responsable de cada grupo. Os organizadores tamén obsequiaron cunha copia do Celtic Roots a Efrén Juanes, alcalde de Nigrán, Juan González concelleiro de Cultura e Urbanismo do concello e ao Instituto de Estudos Miñoranos. Ler nova en valminor.info |