Follow us on Twitter
Os Carunchos presentan o seu novo disco na XVVII Festa dos Maios en Vigo PDF Imprimir E-mail
Martes, 05 de Mayo de 2009 16:30

Os CarunchosOs Carunchos presentarán o seu novo disco na XXVII Festa dos Maios de Vigo.

O próximo domingo día 10 de maio, na Praza da Constitución do Casco Vello de Vigo, terá lugar a presentación en directo do cuarto disco de Os Carunchos titulado "En Galego", como parte do programa de actividades organizado pola Asociación de Veciños do Casco Vello de Vigo co gallo da celebración da XXVII Festa dos Maios.

Os actos desta celebración anual terán lugar os días 9 e 10 de maio, e contará entre outras actividades, coa confección do maio na farola Central da praza, obradoiros de: pan, frores, cestería... para dar paso pola tarde a partir das 17:30h á entrada dos Maios convidados, á festa dramatizada e ao concerto en directo de Os Carunchos.

"En Galego" súmase así como o cuarto traballo deste grupo de música tradicional galego.

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas