Este martes 15 de nadal sairá á venda o primeiro disco das Batuko Tabanka que leva por nome Djunta mô (PAI Música 2009), e que paralelamente á saída nas tendas de discos estará dispoñible na nosa tenda en www.paitunes.com e próximamente en iTunes.
Pero dende hoxe os usuarios que dispoña de iPAI, a aplicación para iPhone de PAI Música, poderán desfrutar de todo o disco en exclusiva e de forma gratuíta dende a propia aplicación.
Batuko Tabanka - Djunta mô
Un traballo que emana emoción e saudade polos catro costados. Un diálogo e fusión de duás culturas, Galicia e Cabo Verde.
"Djunta mô" é un proxecto que se remonta ao ano 2006, cando PAI Música coñece e escoita por primeira vez ás Batuko Tabanka grazas ao interese da productora Abada de iniciar un proxecto discográfico conxunto con este grupo de mulleres caboverdiáns asentadas dende principios dos anos 70 no pobo mariñeiro de Burela, na costa lucense galega. Así foi como emprendemos esta viaxe xuntos, e nunca mellor dito, xa que parte da grabación realizouse en Cabo Verde, cós músicos e cantantes máis representativos do panorama musical deste país africán.
O ritmo das batukadeiras, ten un pasado ligado a música tradicional que facían os escravos en Cabo Verde. Antes batendo no peito, e agora batendo nunha saca de coiro colocada entre as pernas que recibe o nome de "batuko". A integración destes ritmos africáns coa música galega fusionánse dun xeito natural, xa que sorprendentemente decubrimos que os seus ritmos ternarios eran moi parecidos aos da xotas galegas, e as cancións lembraban ás que cantan as pandereteiras galegas no tocante a que existe unha sacadora á que se lle suma o resto de compañeiras repetindo a mesma frase.
Con todos estes ingredentes musicais, PAI Música presenta "Djunta mô", unha expresión crioula que significa "botar unha man", "axudar entre todos". Esta é a expresión que define o espíritu deste traballo que emana emoción e saudade polos catro costados; un verdadeiro "djunta mô" de integración, fusión, diálogo, diversidade e respeto entre dúas culturas. Un disco que contou coa colaboración de músicos e artistas galegos, extremeños, cabovediáns, portugueses e brasileiros.
Un CD con doce temas e un DVD que recolle: o concerto en Cabo Verde, video clips e unha reportaxe de cómo se fixo todo este traballo. Todo recollido nun libro ilustrado coas fotografías de Cabo Verde de Xulio Villarino, compañeiro tamén nesta viaxe, e as letras das cancións en crioulo traducidas ao portugués, galego e castelán. Un disco imprescindible para engrosar calquera colección de world music que se precie.
Ficha artística
Músicos e artistas participantes neste disco:
GALICIA: Xosé Manuel Budiño, Uxía, Mercedes Peón, Rodrigo Romaní, Xosé Liz, Antonio Por do Sol, Fernando Abreu, Isaac Palacín, Lola de Ribeira, Treixadura (Pablo Ces, Paulo Nogueira e Xaquín Xesteira) e Segundo Grandío.
EXTREMADURA: Luis Pastor
CABO VERDE: Tcheka, Vitori Nha Vivinha, Nácia Gomes, Nho Nanu, DJ Asaias, Manel Di Tilinha, Ntoni Dente D´Oro, Jon Luz, o fillo de Vitori, Xisto Almeida, Vadú e Agostinho
PORTUGAL: Augusto Canario
BRASIL: Sergio Tannus
Ver o vídeo do lanzamento ....
Reproductor de Flash no instalado o version instalada es anterior a 9.0.115!