|
Lunes, 15 de Junio de 2009 08:01 |
Radio Clandestino, a radio Clandestina de PAI Música.
Xa leva un par de meses emitindo dende o pequeno estudio instalado no Cafe Bar Clandestino, recollendo en directo todos os concertos que se celebran na sala.
Radio Clandestino, naceu como unha emisora virtual independente que emite só por internet dende o propio Bar Clandestino onde está habilitado un pequeno estudio para toda a xente que desexe facer o seu propio programa en directo.
Dende esta nova canle de comunicación poderemos escoitar a parte de música, programas sobre temáticas cotiás contadas por vos mesmos, sen anímo nengún máis que o de que poidades ter o voso propio espacio na rede para falar do que máis vos interese e que de seguro será do interese de todos e todas.
Pero para os que non teñen diponibilidade ou tempo, tamén temos unha solución para que poidan facer o seu programa en diferido dende a súa propia casa. Só teñen que grabalo co seu ordenador e subilo á nosa web para que poidamos introducilo na programación.
Que programas emite a Radio PAI?
Esta radio é unha iniciativa cidadá, de base, feita coa colaboración técnica e económica de Casa de Tolos, PAI Música e o Bar Clandestino que aportaron axuda técnica, contidos musicais e infraestructura respectivamente.
A vocación desta radio é principalmente cultural, onde teñen cabida calquer tipo de programas: cociña, música, tertulia, ... ciencias ocultas.
Asi mesmo todos os venres e sabados, emítense en directo os concertos que teñen lugar na propia sala do Bar Clandestino.
Que programas están en antena agora mesmo?
Actualmente Radio PAI conta xa conta con programación musical semanal, que podes ver na parrilla de programación da web.
Todas as emisións destos programas están dispoñibles na web da Radio para que posteriormente á súa emisión poidan ser descargados e escoitados polos ointes.
E xa estamos preparando as grabacións de todos dos concertos que pasaron pola sala do Clandestino e que serán retransmitidos en diferido novamente para quenes non tiveron oportunidade de escoitalos no seu día.
Onde se pode escoitar?
Dende onde ti queiras, só precisas ter conexión a internet. Deden o teu telefono móbil, dende o teu ordenador, dende a páxina web de Radio PAI, dende a rede de emisoras online mundial de Shoutcast, ... dende o baño, dende a cociña, dende o coche, dende a praia, .... dende Galiza, Francia, Bos Aires, Beijin ou a Laponia. Os teus amigos e familia tamén poderán escoitar o teu programa como si estiveran aquí.
Xa sabedes, se queres participar envia un correo a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
e vos daremos as intruccións para que poidades facer o voso programa.
Apertas herzianas.
|